InicioMedio Ambiente e PatrimonioPlantan un muro de frondosas nunha parroquia de Ponteareas para tentar frear...

Plantan un muro de frondosas nunha parroquia de Ponteareas para tentar frear os incendios

A Asociación Forestal de Galicia impulsa esta nova rexeneración de montes afectados polos lumes de 2017.

PUBLICADO O

- Advertisement -

A Asociación Forestal de Galicia (AFG) subscribiu un Convenio de colaboración  coa compañía de seguros Helvetia para impulsar a restauración de dous montes veciñais en man común afectados pola vaga de lumes de outono do 2017. Son o monte veciñal de Couso, en Ponteareas, e o monte veciñal de Paradela de Bemil, en Caldas de Reis.

O obxectivo dos traballos en ambos os montes será aumentar a resiliencia do monte contra incendios forestais mediante a plantación de frondosas caducifolias cunha función protectora e de aumento da biodiversidade e de valores ecolóxicos do monte. “As novas masas de frondosas crearán áreas de descontinuidade nas zonas arboradas orientadas á produción, creando así unha mellor estrutura de prevención no caso de novos incendios forestais e favorecendo a recuperación de vexetación autóctona  a partir da plantación de especies como carballos, castiñeiros, freixos, abelairas ou bidueiros”, apunta a AFG  nun comunicado.

A restauración nos dous montes será dirixida polo equipo técnico da AFG no marco do seu programa de apoio ás comunidades afectadas por incendios forestais, traballando en colaboración coas comunidades de montes. Trátase de operacións ambientais delicadas nas que hai que actuar con precisión para conseguir unha restauración adecuada do ecosistema.

ACTUACIÓNS

Os traballos céntranse en dous montes veciñais que se viron seriamente afectados nos incendios forestais no outono do 2017. Desde entón, tanto a comunidade de montes de Couso (Ponteareas) como a de Bemil (Caldas) desenvolveron distintas accións na medida das súas posibilidades, como a curta e saca de madeira queimada e labores de prevención da erosión e de rexeneración do monte.

En Couso (Ponteareas), elixiuse como núcleo da actuación unha pequena área recreativa de media hectárea conformada por frondosas. Esta área foi case a única que resistiu o incendio de outono do 2017, que arrasou a maior parte da superficie do monte veciñal.

ÚLTIMAS

Vigo acollerá un concerto solidario para axudar a Venezuela

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, anunciou este luns a celebración dun concerto solidario...

Desconvocada a folga nas lavandarías dos hospitais da área de Vigo

O comité de empresa e a dirección de Elis Manomatic, que presta o servizo...

O BNG denuncia un “recorte salvaxe” de camas na área de Vigo este verán

O BNG esixiulle á Xunta que "rectifique" o peche de camas e os "recortes"...