InicioVigo e contornaMosPiden penas que suman 80 anos de cárcere para un grupo que...

Piden penas que suman 80 anos de cárcere para un grupo que asaltou unha vintena vivendas de persoas maiores

A Fiscalía pide penas que suman 80 de cárcere para sete acusados de pertencer a un grupo criminal que se dedicaba a asaltar vivendas en diferentes municipios de Galicia, algúns deles con antecedentes, e que serán xulgados este martes na Sección Cuarta da Audiencia Provincial de Pontevedra.

PUBLICADO O

- Advertisement -

A Fiscalía pide penas que suman 80 de cárcere para sete acusados de pertencer a un grupo criminal que se dedicaba a asaltar vivendas en diferentes municipios de Galicia, algúns deles con antecedentes, e que serán xulgados este martes na Sección Cuarta da Audiencia Provincial de Pontevedra.

Segundo o escrito de acusación pública, o modus operandi deste grupo consistía en que, mentres un deles facía labores de vixilancia e tiña un vehículo preparado para a fuxida, outras persoas entraban nas vivendas, ben polas portas que non tiñan o ferrollo botado ou ben polas xanelas, e apoderábanse dos obxectos de valor (xoias, sobre todo) e do diñeiro que atopasen.

Os acusados fixaban a súa atención en vivendas apartadas, habitadas por persoas de avanzada idade, “facilmente engañables” para convencelas de entrar con algunha escusa, e que non poderían opor resistencia no caso de que houbese un enfrontamento.

Así, a Fiscalía atribúelles case unha vintena de asaltos en vivendas de Salvaterra (Pontevedra), Ponteareas (Pontevedra), A Cañiza (Pontevedra), Mondariz (Pontevedra), Mos (Pontevedra), Cotobade (Pontevedra), A Lama (Pontevedra), Meis (Pontevedra), Fene (A Coruña), Culleredo (A Coruña), Begonte (Lugo) e Chantada (Lugo), cometidos entre xullo e setembro de 2016.

Nese tempo lograron facerse con máis de 6.000 euros, xoias valoradas en miles de euros, unha tablet, unhas chaves ou unha cartilla bancaria. Por estes feitos, a Fiscalía acusa a sete persoas de varios delitos –roubo con forza, roubo con violencia, furto, violación de morada, etc.–, e pide para as procesados penas que van desde os 24 anos de cárcere ata os 3 anos de prisión.

ÚLTIMAS

Investigan un posible ‘pique’ entre dous coches de alta gama que foron captados a 177 km/h na A-55

O Subsector de Tráfico de Pontevedra investiga a tres persoas por un posible 'pique' entre dous vehículos que foron...

Rueda celebra o inicio de obras da ETEA e urxe a Concello e Zona Franca a cumprir a súa parte

O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, visitou este martes as obras da urbanización do chamado PS-6,...

Caballero di ter garantías do Goberno de que non se eliminará ningún xulgado de Vigo

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, insistiu este martes en que conta coa garantía...

A comisión suspende as festas de Coia tras negar o Concello de Vigo a autorización

A comisión organizadora das festas de Coia, en Vigo, deu por suspendida a celebración...