InicioSucesosUn home sen documentación nin domicilio coñecidos, detido tras roubar carteiras nunha...

Un home sen documentación nin domicilio coñecidos, detido tras roubar carteiras nunha discoteca

A Policía Local de Vigo detivo a K.K., un home de 47 anos de idade.

PUBLICADO O

- Advertisement -

A Policía Local de Vigo detivo a K.K., home de 47 anos de idade nacido en Palestina e sen domicilio coñecido, por un suposto delito leve de furto.

Os feitos sucederon na madrugada do pasado domingo, sobre as 5,50 horas, cando uns axentes que patrullaban en funcións de prevención pola rúa Pontevedra foron requiridos por dúas mulleres ás que lles subtraeron as súas carteiras nunha discoteca nesa rúa.

As mozas, de 21 e 29 anos de idade, explicaron aos policías que se atopaban no establecemento coas súas carteiras no interior dos seus bolsos. Déronse conta que un home se achegaba a elas en actitude sospeitosa e pouco despois as súas carteiras xa non estaban.

Ambas sinalaron á o agora detido, que se atopaba a uns vinte metros camiñando en dirección oposta onde á discoteca. Os policías quixeron identificarlle pero o home non levaba documentación.

Ao realizarlle un cacheo preventivo, os axentes localizáronlle as carteiras descritas polas vítimas, as cales portaba no peto traseiro dereito do pantalón con documentación persoal a nome das requirentes e a contía de sesenta euros nunha e vinte noutra.

Os policías procederon á detención do home ao non dispor de documentación nin domicilio coñecido.

ÚLTIMAS

Vigo acollerá un concerto solidario para axudar a Venezuela

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, anunciou este luns a celebración dun concerto solidario...

Desconvocada a folga nas lavandarías dos hospitais da área de Vigo

O comité de empresa e a dirección de Elis Manomatic, que presta o servizo...

O BNG denuncia un “recorte salvaxe” de camas na área de Vigo este verán

O BNG esixiulle á Xunta que "rectifique" o peche de camas e os "recortes"...

Revogada a condena a un pub de Vigo por difundir un vídeo onde se vían dous clientes “en actitude cariñosa”

A Audiencia de Pontevedra estimou un recurso presentado por un local de lecer de...