InicioDeportesO francés Adrien Loron e a chilena Fernanda Gildemeister, vencedores do MTB...

O francés Adrien Loron e a chilena Fernanda Gildemeister, vencedores do MTB Downtown no Marisquiño

Marisquiño completa o palmarés deportivo da súa XXVI edición tras catro días de competición en Vigo. World Cup Skateboarding, BMX, Flatland, Breaking e FIBA 3x3 celebraron este domingo as súas finais en Samil.

PUBLICADO O

- Advertisement -

Marisquiño 2026 proclamou este domingo os gañadores de todas as competicións da súa XXVI edición despois de catro días de intensa actividade deportiva en Samil e no centro de Vigo. As finais de World Cup Skateboarding, BMX, Flatland, Basket 3×3, Breaking e as modalidades adaptadas concentraron boa parte da última xornada do festival.

En Skate, o portugués Pacal Teixeira impúxose en WCS Street Men e a catalá Valentina Krauel Bruna en WCS Street Women, mentres que o olímpico Danny León volveu gañar na WCS Miniramp, onde suma xa oito vitorias en Marisquiño. En Adaptive Skateboarding, o brasileiro Italo Romano ocupou a primeira posición.As finais de BMX deixaron as vitorias do colombiano Juan Caicedo en Pro Park Men e do vigués Saúl Vilar, vixente campión de España de BMX Freestyle Park, en Pro Street.

A francesa Lera Liubimova gañou en BMX Women. En Adaptive BMX o colombiano Julián Molina levou a vitoria e o británico Dan Butler gañou o Best Trick. En BMX Flatland, o neerlandés Sietse Van Berkel revalidou o seu título na categoría Pro, mentres o xaponés Masato Ito gañou o Best Combo.E n Freestyle Motocross, o galego José Mincha, vixente campión de España de Freestyle Motocross e á fronte da clasificación provisional da Copa do Mundo, fíxose co Casco de Ouro, premio outorgado polo público á mellor actuación das exhibicións de FMX.

O Basket 3×3 deixou as vitorias da formación canaria Poema de Mar no FIBA 3×3 Lite Quest masculino e 3G Valladolid 3×3 na competición feminina. O campión masculino, ademais do premio económico, recibirá unha viaxe para disputar o Phoenix Challenger, nos Estados Unidos. Estes resultados súmanse aos do MTB Downtown, disputado o sábado no centro de Vigo, onde o francés Adrien Loron revalidou a súa vitoria en categoría masculina, con só 0,8 segundos de vantaxe sobre o galego Marco Veiga. Na feminina, a chilena Fernanda Gildemeister impúxose no seu debut en Marisquiño, por diante da española Sara Yusto, gañadora da pasada edición.

Con estas finais, Marisquiño 2026 pechou este domingo catro días de competición que reuniron en Vigo preto de 1.500 participantes de máis de 30 países, entre eles algúns dos principais referentes internacionais dos deportes presentes no festival.

ÚLTIMAS

Balaídos terá unha ‘Tribuna Iago Aspas’: Caballero anuncia que levará o nome do xogador e terá unha estatua ao seu carón

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, anunciou que a bancada de Tribuna do estadio...

Vox leva ao xulgado os incidentes nunha mesa informativa en Cangas e estuda accións polo acto frustrado de Santiago

Vox presentou este martes unha denuncia ante a sección de instrución do Xulgado de...

Foanpas denuncia “carencias de profesorado” e “caos” no transporte escolar neste inicio de curso en Vigo

A Federación Olívica de Asociacións de Nais e Pais de Centros Escolares de Vigo...

Vigo pon en marcha o Nadal: comeza a montaxe dos grandes elementos con case 13 millóns de luces

O Concello de Vigo iniciou este martes a montaxe dos grandes elementos do seu...