InicioEconomíaUGT denuncia ante Inspección de Traballo a unha subcontrata de Amazon e...

UGT denuncia ante Inspección de Traballo a unha subcontrata de Amazon e Glovo por “coaccións” aos repartidores

O sindicato acusa á empresa Kebel Logistics de forzar baixas voluntarias por WhatsApp para "dinamitar" as eleccións sindicais en Vigo.

PUBLICADO O

- Advertisement -

A Federación de Servizos, Mobilidade e Consumo da Unión Xeral de Traballadoras e Traballadores (FeSMC-UGT) de Galicia presentou unha denuncia ante a Inspección Provincial de Traballo en Vigo contra Kebel Logistics. O sindicato acusa a esta firma, que opera como subcontrata de Amazon e da plataforma Glovo para a repartición de pedidos, de “coaccionar” aos empregados para que asinen baixas voluntarias.

Nun comunicado, a organización asegura que a compañía está a desenvolver unha “maniobra agresiva e desesperada de coacción” contra os seus repartidores co obxectivo de “dinamitar as eleccións sindicais” convocadas para o vindeiro 21 de maio. Segundo detalla UGT, a dirección da empresa, tras ter coñecemento de que o sindicato articulaba unha candidatura democrática cos repartidores de Glovo, desatou unha “caza de bruxas”. A central sindical afirma que os responsables da contrata están a remitir mensaxes imperativas e individuais por WhatsApp aos traballadores para obrigalos a asinar documentos de baixa voluntaria.

CHANTAXE FRAUDULENTO AO COLECTIVO

Para dobrar a vontade dos repartidores —un colectivo exposto a unha precarización extrema e dependente de Amazon e das plataformas de reparto— a empresa recorre, segundo UGT, a un “chantaxe tóxico e fraudulento”. O sindicato explica que se lles pide que daten a súa “dimisión” o 17 de maio baixo a “falsa promesa de que os volverán reincorporar de forma idéntica o 25 de maio ou o 1 de xuño”.

A organización cualifica os feitos de “insulto á democracia e aos dereitos da clase traballadora” e non tolera que unha empresa que xestiona os pedidos de Amazon na comarca empregue estes métodos para amordazar os repartidores. Por este motivo, exixen que a Inspección de Traballo se persone de forma inmediata na sede da empresa en O Porriño, paralice este fraude e sancione exemplarmente aos responsables. UGT advirte ademais que chegará ata as últimas consecuencias ante os tribunais se fose necesario, exixindo a declaración de “nulidade radical” de calquera cese fraudulento.

ÚLTIMAS

O BNG insiste en que Vigo será decisiva para volver ter deputado por Pontevedra

O BNG fixo este venres en Vigo un chamamento á cidadanía que lle dera...

Caballero sobre o Nadal: “A publicidade son eu. Cando a xente ve o meu debuxo, ve Vigo”

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, participou este xoves na VI Convención de Turespaña,...

A Xunta insiste no seu apoio ao Mundial en Vigo pero advirte da falta de planificación do concello

O conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo, remitiulle unha carta ao alcalde...

Un inspector de Policía de Vigo denuncia a existencia dun chat policial con información confidencial de persoas e causas policiais

Un xulgado de instrución do Porriño  abriu dilixencias pola actividade dun chat de Telegram...