InicioSucesosQueda visto para sentenza o xuízo contra os catros acusados de introducir...

Queda visto para sentenza o xuízo contra os catros acusados de introducir 650 quilos de cocaína en Vigo

Este luns produciuse a declaración das últimas testemuñas e dos acusados (que só responderon a preguntas dos seus letrados).

PUBLICADO O

- Advertisement -

O xuízo contra 4 acusados de introducir 650 quilos de cocaína, camuflados entre palés de banana, polo Porto de Vigo, en abril de 2023, quedou visto para sentenza este luns, coa declaración das últimas testemuñas e dos acusados (que só responderon a preguntas dos seus letrados). A Fiscalía pide para cada un dos procesados (un camioneiro e outros tres homes que viaxaron desde Málaga para facerse cargo da droga, unha vez ‘rescatada’ no porto) 12 anos de prisión por tráfico de drogas cometido por unha organización criminal.

A investigación deste transporte de drogas iniciouse grazas a un informe da DEA, e a Policía situou como xefe da organización a Damián G.U., que está en paradoiro descoñecido. No marco do operativo policial, varios axentes encubertos infiltráronse na organización, e así puideron saber, segundo declararon no xuízo, que o xefe do grupo pretendía facerse co monopolio da entrada de cocaína polo porto olívico.

Durante a última sesión do xuízo, os avogados defensores volveron cuestionar a actuación destes axentes encubertos, apuntando que serían os funcionarios os que induciron aos acusados á comisión do delito. Igualmente, puxeron en dúbida a cadea de custodia da droga e afirmaron que os seus patrocinados foron meros secundarios neste transporte de droga.

Segundo expuxo a Fiscalía, a droga intervida, 650 quilos de cocaína, viaxou en dúas palés nun colector transportado a Vigo por un barco que partiu de Costa Rica. A organización dispuxo o traslado á cidade de tres homes para recibir o cargamento, e un catro implicado, o camioneiro, chegou uns días antes a Vigo para preparar o transporte. A rede contaba cunha nave na estrada de Camposancos, onde fixeron o ‘cambiazo’ da droga por palés cargados de banana, coa intención de que o destinatario final da froita non sospeitase e así poder volver utilizar no futuro esa vía de entrada de cocaína.

ÚLTIMAS

O BNG insiste en que Vigo será decisiva para volver ter deputado por Pontevedra

O BNG fixo este venres en Vigo un chamamento á cidadanía que lle dera...

Caballero sobre o Nadal: “A publicidade son eu. Cando a xente ve o meu debuxo, ve Vigo”

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, participou este xoves na VI Convención de Turespaña,...

A Xunta insiste no seu apoio ao Mundial en Vigo pero advirte da falta de planificación do concello

O conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo, remitiulle unha carta ao alcalde...

Un inspector de Policía de Vigo denuncia a existencia dun chat policial con información confidencial de persoas e causas policiais

Un xulgado de instrución do Porriño  abriu dilixencias pola actividade dun chat de Telegram...