InicioCulturaO Concerto das Letras Galegas homenaxeará a Begoña Caamaño en Vigo cunha...

O Concerto das Letras Galegas homenaxeará a Begoña Caamaño en Vigo cunha proposta musical de Uxía

A cita terá lugar o 16 de maio no Auditorio Mar de Vigo e contará con sonoridades atlánticas e lusófonas.

PUBLICADO O

- Advertisement -

O Consello da Cultura Galega e o Concello de Vigo lembrarán a Begoña Caamaño na 16ª edición do Concerto das Letras Galegas, que se celebrará este ano en Vigo, lugar de nacemento, formación e primeiros pasos profesionais da homenaxeada neste Día das Letras Galegas. A presidenta do CCG, Rosario Álvarez, e o alcalde de Vigo, Abel Caballero, xunto coa intérprete encargada da proposta musical, Uxía; Bea Caamaño, irmá de Begoña; e Aleixo Amoedo, membro da Comisión Executiva, presentaron o programa desta cita, que será unha festa musical con moitas sorpresas, na que se mesturará a tradición galega con sonoridades atlánticas e lusófonas.

O concerto, de entrada libre e gratuíta, terá lugar no Auditorio Mar de Vigo o 16 de maio ás 20:30 horas e poderá seguirse en directo a través da web do CCG e na Televisión de Galicia, no marco da programación do Día das Letras Galegas. O alcalde, Abel Caballero, ofreceu a cooperación do Concello para desenvolver esta proposta musical, mentres que a presidenta do Consello, Rosario Álvarez, destacou o peso que Vigo tivo na figura da homenaxeada.

Naceu no Calvario, nunha cidade que conformou a súa personalidade e a súa obra desenvolvida despois noutros lugares, dixo. O programa, engadiu Rosario Álvarez, percorrerá musicalmente a súa personalidade, na que ten cabida o feminismo, o antimilitarismo, o xornalismo galego e o galego. Sobre a proposta musical, Uxía incidiu en que se tratará dunha festa na que festexamos a vida e a obra de Begoña e, con ela, tamén celebraremos a todas as mulleres indómitas, porque falaremos de sororidade, de feminismo e de cancións inspiradas na súa obra.

O programa desta edición do Concerto das Letras Galegas inspírase nos textos literarios e no labor xornalístico e radiofónico da autora homenaxeada. Trátase dun concerto composto por 14 pezas que transitan do íntimo ao festivo, no que Uxía Senlle rende homenaxe á memoria dunha das súas grandes amigas. Ao mesmo tempo, a proposta percorre tanto os gustos musicais de Begoña como aquelas composicións que acompañaron a súa traxectoria profesional.

ÚLTIMAS

Balaídos terá unha ‘Tribuna Iago Aspas’: Caballero anuncia que levará o nome do xogador e terá unha estatua ao seu carón

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, anunciou que a bancada de Tribuna do estadio...

Vox leva ao xulgado os incidentes nunha mesa informativa en Cangas e estuda accións polo acto frustrado de Santiago

Vox presentou este martes unha denuncia ante a sección de instrución do Xulgado de...

Foanpas denuncia “carencias de profesorado” e “caos” no transporte escolar neste inicio de curso en Vigo

A Federación Olívica de Asociacións de Nais e Pais de Centros Escolares de Vigo...

Vigo pon en marcha o Nadal: comeza a montaxe dos grandes elementos con case 13 millóns de luces

O Concello de Vigo iniciou este martes a montaxe dos grandes elementos do seu...