InicioCulturaFillas de Cassandra lanzará na primavera 'Tertúlia', o seu segundo disco

Fillas de Cassandra lanzará na primavera ‘Tertúlia’, o seu segundo disco

O dúo vigués presentará o 30 de xaneiro o primeiro sinxelo dun traballo producido xunto a Çantamarta que convida á desobediencia e ao diálogo como xesto político.

PUBLICADO O

- Advertisement -

O dúo vigués Fillas de Cassandra anunciou que neste 2026 o grupo lanzará o seu segundo disco, que se chamará ‘Tertúlia’ e que sairá na primavera. No álbum, producido por Çantamarta e polas propias Sara Faro e María SOA, as artistas lanzan unha invitación “a desobedecer”. Nun contexto marcado pola fragmentación da comunidade, sentar a falar e a escoitar convértese nun xesto político, reivindican as integrantes da formación.

Deste xeito, ‘Tertúlia’ contará con conversacións, chamadas, pensamentos en voz alta, cortes, repeticións e voces que se sobrepoñen nunha proposta que, segundo prometen, incluirá tamén moitas risas. O novo traballo contará con destacadas colaboracións nunha aposta arriscada e incisiva coa que Fillas de Cassandra amplía o seu universo instrumental.

O primeiro avance do disco poderase escoitar a partir do 30 de xaneiro nas principais plataformas dixitais. O sinxelo acompañarase dun videoclip rodado en Vigo, dirixido por Santi Igrexas, Sergio ‘Steel’ e as propias Fillas de Cassandra.

ÚLTIMAS

Vigo acollerá un concerto solidario para axudar a Venezuela

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, anunciou este luns a celebración dun concerto solidario...

Desconvocada a folga nas lavandarías dos hospitais da área de Vigo

O comité de empresa e a dirección de Elis Manomatic, que presta o servizo...

O BNG denuncia un “recorte salvaxe” de camas na área de Vigo este verán

O BNG esixiulle á Xunta que "rectifique" o peche de camas e os "recortes"...

Revogada a condena a un pub de Vigo por difundir un vídeo onde se vían dous clientes “en actitude cariñosa”

A Audiencia de Pontevedra estimou un recurso presentado por un local de lecer de...