InicioSucesosAbordado un buque a 600 millas de Canarias con 6.500 quilos de...

Abordado un buque a 600 millas de Canarias con 6.500 quilos de cocaína con destino a Vigo

A droga procede de Panamá e non de Venezuela ou Colombia, onde se centran os operativos ilegais de Trump.

PUBLICADO O

- Advertisement -

Axentes do Grupo Especial de Operacións da Policía Nacional abordaron este outubro –a 600 millas das Illas Canarias e co apoio da Armada Española– un mercante que transportaba nun peso bruto aproximado nas súas adegas de 6.500 quilos de cocaína. O destino final do buque, de máis de 54 metros de eslora, 12 de manga e 4 e medio de puntal, era o Porto de Vigo. E, curiosamente, a droga non procede nin de Venezuela, nin de Colombia, senón de Panamá, onde os EE.UU. ten unha base militar.

Así, grazas aos mecanismos de cooperación policial internacional, o pasado 8 de outubro recibiuse unha información procedente da axencia americana DEA (Drug Enforcement Administration) na que alertaban das actividades dunha organización criminal internacional que pretendía levar a cabo o transporte dunha gran cantidade de cocaína a través do Océano Atlántico, segundo relatou o corpo de seguridade.

Segundo as primeiras informacións, o barco abastecedor sería unha embarcación tipo ‘supply ship’, de bandeira de Tanzania, que partira desde o panameño porto de Cristobal Anch cara ao noso país. Por iso, a Policía Nacional, baixo a dirección da Fiscalía Especial Antidroga da Audiencia Nacional e co apoio da Armada Española, coordinou un operativo para tratar de localizar a embarcación.

POSTA EN MARCHA DO OPERATIVO

Tras a alerta recibida, o rumbo facilitado e o modus operandi, deseñouse un operativo para evitar que a droga puidese chegar ata as costas españolas. En concreto, sobre as 21:30 horas do día 22 de outubro, co apoio das Forzas Armadas españolas, estableceuse un dispositivo de abordaxe sobre o mercante, que tivo lugar a 600 millas das Illas Canarias, realizado desde un buque da Armada por efectivos do GEO.

Unha vez a bordo localizouse e detivo ao nove membros da tripulación, podéndose localizar nunha primeira requisa de seguridade estruturas e construcións alleas ao que se supón é un buque de carga, as cales serían as que estarían a almacenar o estupefaciente.

ÚLTIMAS

Vigo acollerá un concerto solidario para axudar a Venezuela

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, anunciou este luns a celebración dun concerto solidario...

Desconvocada a folga nas lavandarías dos hospitais da área de Vigo

O comité de empresa e a dirección de Elis Manomatic, que presta o servizo...

O BNG denuncia un “recorte salvaxe” de camas na área de Vigo este verán

O BNG esixiulle á Xunta que "rectifique" o peche de camas e os "recortes"...

Revogada a condena a un pub de Vigo por difundir un vídeo onde se vían dous clientes “en actitude cariñosa”

A Audiencia de Pontevedra estimou un recurso presentado por un local de lecer de...