InicioSociedadeA Xunta adxudica finalmente a redacción e execución do proxecto do Cinema...

A Xunta adxudica finalmente a redacción e execución do proxecto do Cinema Fraga ao arquitecto César Portela

A partir de agora, prevese que en abril se presente o proxecto, o que permitirá o inicio da licitación das obras no primeiro semestre do ano que vén.

PUBLICADO O

- Advertisement -

Xunta de Galicia, en coordinación coa Deputación de Pontevedra, resolveu a tramitación por exclusividade do contrato para que sexa o arquitecto César Portela quen asuma a redacción do proxecto básico e de execución, así como a dirección de obras do Teatro Cinema Fraga de Vigo, cun orzamento dun millón de euros. Nun comunicado, o Goberno galego lembrou que este arquitecto pontevedrés é o autor e propietario intelectual do proxecto orixinal e director das actuacións xa executadas no inmoble por parte de Abanca, cando era o banco propietario do edificio.

Con esta adxudicación, o obxectivo da Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude é respectar a intervención xa levada a cabo do proxecto orixinal e seguir realizando as actuacións que sexan necesarias “para converter este edificio emblemático, de 7.000 metros cadrados, nun espazo escénico, musical, audiovisual e literario de referencia no noroeste peninsular“. A partir de agora, prevese que en abril se presente o proxecto, o que permitirá o inicio da licitación das obras no primeiro semestre do ano que vén.

ÚLTIMAS

Balaídos terá unha ‘Tribuna Iago Aspas’: Caballero anuncia que levará o nome do xogador e terá unha estatua ao seu carón

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, anunciou que a bancada de Tribuna do estadio...

Vox leva ao xulgado os incidentes nunha mesa informativa en Cangas e estuda accións polo acto frustrado de Santiago

Vox presentou este martes unha denuncia ante a sección de instrución do Xulgado de...

Foanpas denuncia “carencias de profesorado” e “caos” no transporte escolar neste inicio de curso en Vigo

A Federación Olívica de Asociacións de Nais e Pais de Centros Escolares de Vigo...

Vigo pon en marcha o Nadal: comeza a montaxe dos grandes elementos con case 13 millóns de luces

O Concello de Vigo iniciou este martes a montaxe dos grandes elementos do seu...