InicioSucesosFiscalía pide 3 anos de prisión para un veciño de Vigo que...

Fiscalía pide 3 anos de prisión para un veciño de Vigo que ameazou ao seu fillo cun machete

PUBLICADO O

- Advertisement -

A Fiscalía pide penas que suman 3 anos de prisión para un veciño de Vigo que será xulgado este xoves na sala do Penal 1 da cidade, acusado dun delito de ameazas graves, un delito de resistencia grave a axentes da autoridade e un delito leve de lesións.

Segundo o escrito de acusación pública, na tarde do 20 de agosto de 2023, o acusado acudiu a casa do seu fillo armado cun machete con mango de madeira e folla de 36 centímetros e, mentres golpeaba a porta da vivenda, amenazab con “plantar lume”.

A irmá da vítima chamou á Policía e, cando chegaron os axentes, trataron de convencer ao home para que soltase a arma. O acusado opuxo gran resistencia ao ser cacheado e os funcionarios puideron ver que levaba no peto da chaqueta un coitelo artesanal de dobre fío e folla de 9,5 centímetros.

Ao forcejear con el, para impedir que sacalo do peto, un dos axentes resultou ferido nunha man e nun xeonllo. Por estes feitos, a Fiscalía pide penas que suman 3 anos de prisión e que se aplique o agravante de parentesco no caso do delito de ameazas graves. Igualmente, solicita que se lle prohiba achegarse ou comunicarse co seu fillo durante 5 anos e que indemnice ao policía ferido en 200 euros polas lesións.

ÚLTIMAS

Balaídos terá unha ‘Tribuna Iago Aspas’: Caballero anuncia que levará o nome do xogador e terá unha estatua ao seu carón

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, anunciou que a bancada de Tribuna do estadio...

Vox leva ao xulgado os incidentes nunha mesa informativa en Cangas e estuda accións polo acto frustrado de Santiago

Vox presentou este martes unha denuncia ante a sección de instrución do Xulgado de...

Foanpas denuncia “carencias de profesorado” e “caos” no transporte escolar neste inicio de curso en Vigo

A Federación Olívica de Asociacións de Nais e Pais de Centros Escolares de Vigo...

Vigo pon en marcha o Nadal: comeza a montaxe dos grandes elementos con case 13 millóns de luces

O Concello de Vigo iniciou este martes a montaxe dos grandes elementos do seu...