InicioEconomíaO Rexistro de Vivenda Protexida en Galicia supera os 17.900 demandantes, con...

O Rexistro de Vivenda Protexida en Galicia supera os 17.900 demandantes, con Vigo á cabeza

A cidade de Vigo representa un 32,2% da demanda, cun total de 5.791 solicitantes, segundo os datos actualizados polo IGVS. Séguelle A Coruña cidade con 3.040 persoas inscritas (16,9%).

PUBLICADO O

- Advertisement -

O rexistro galego de vivenda protexida roza os 18.000 demandantes, deles case un terzo (32,2%) correspondentes a Vigo e un 16,9% na Coruña cidade, de acordo cos datos actualizados do Instituto Galego de Vivenda e Solo (IGVS) que recolle Europa Press.

Este rexistro, que pretende ser un procedemento “áxil e transparente” para a adxudicación das vivendas, supera desde hai anos os 15.000 demandantes e alcanza agora a cifra de 17.957 persoas, a data do 11 de outubro.

Por provincias, Pontevedra leva a maioría con 8.550, incluídas as 5.791 demandas en Vigo; séguelle A Coruña con 6.291 persoas inscritas no rexistro. Con cifras máis baixas sitúanse Lugo (2.017) e Ourense (1.099).

Se Vigo supón case un terzo da demanda, na Coruña a cifra de demandantes alcanza as 3.040 (16,9% do total). Lugo (1.201) supera a Santiago de Compostela (1.162) e Pontevedra cidade non chega ao milleiro (977). No tocante ao sete grandes cidades, tampouco alcanzan os 1.000 demandantes Ourense Cidade (648) e Ferrol (494). Do resto de localidades, destaca Mos, con 319 demandas.

Segundo a Xunta, o rexistro de demandantes de vivenda pretende ser un instrumento válido e veraz para ter datos fiables sobre a demanda real de vivendas protexidas en cada localidade, ao coñecer o número de demandantes existentes para cada réxime de vivenda.

ÚLTIMAS

Vigo acollerá un concerto solidario para axudar a Venezuela

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, anunciou este luns a celebración dun concerto solidario...

Desconvocada a folga nas lavandarías dos hospitais da área de Vigo

O comité de empresa e a dirección de Elis Manomatic, que presta o servizo...

O BNG denuncia un “recorte salvaxe” de camas na área de Vigo este verán

O BNG esixiulle á Xunta que "rectifique" o peche de camas e os "recortes"...

Revogada a condena a un pub de Vigo por difundir un vídeo onde se vían dous clientes “en actitude cariñosa”

A Audiencia de Pontevedra estimou un recurso presentado por un local de lecer de...