InicioMedio Ambiente e PatrimonioVeciños de Mos protestan ante a sede do Celta contra a "vertedura...

Veciños de Mos protestan ante a sede do Celta contra a “vertedura contaminante” da cidade deportiva do clube

A iniciativa, convocada por Ecoloxistas en Acción e a plataforma A auga é vida, está motivada polas "graves consecuencias" que pode xerar a "continuidade desa vertedura ilegal", xa que de alcanzar e contaminar as captacións das traídas, os pozos serían clausurados.

PUBLICADO O

- Advertisement -

Veciños de Mos concentráronse ante a sede do Celta contra a “vertedura contaminante” da cidade deportiva do clube, Afouteza. A iniciativa, convocada por Ecoloxistas en Acción e a plataforma A auga é vida, está motivada polas “graves consecuencias” que pode xerar a “continuidade desa vertedura ilegal”, xa que de alcanzar e contaminar as captacións das traídas, os pozos serían clausurados.

Así o explicou Ecoloxistas en Acción nun comunicado no que detallaron que entregaron na sede das Celta botellas con auga do monte de Tameiga e unha garrafa con auga residual da vertedura de Afoureza. O obxectivo, puntualizaron, é visibilizar a “grave ameaza” que é a achega de auga para os mananciais que abastecen de auga de boca a miles de familias en Mos.

Ante a sede do Celta leron un manifesto no que pediron respecto para os veciños e reclamaron que poñan fin a esa “ameaza ao futuro das súas comunidades”. Ademais, fixeron un chamamento ao celtismo para que “censure” este tipo de “prácticas irresponsables” co ambiente e a saúde dos veciños de Mos.

ÚLTIMAS

Un falecido e tres feridos nun choque frontal en Redondela: un dos ocupantes quedou atrapado no vehículo

Unha persoa faleceu e outras tres resultaron feridas nunha colisión entre dous vehículos este...

Centos de médicos reclaman en Vigo un estatuto propio: “Non queremos atendervos mal nin con pouco tempo”

Centenares de médicos saíron á rúa este xoves en Vigo para pedir un estatuto...

Ultimato de Caballero á Deputación para a firma do convenio para a piscina de Teis: “Xa non fago paripés”

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, expuxo este xoves un ultimato á Deputación de...

Buscan un novo plan funcional e estratéxico para o IFEVI de Vigo

O conselleiro de Emprego, Comercio e Emigración, José González, informou de que este venres...