InicioSociedadeO BNG promete ser "a primeira liña de defensa" de Vigo no...

O BNG promete ser “a primeira liña de defensa” de Vigo no Parlamento galego, fronte ao “abandono” da Xunta

Os parlamentarios nacionalistas presentaron as súas liñas de actuación nesta lexislatura.

PUBLICADO O

- Advertisement -

O BNG trasladou este venres o seu compromiso de ser “a primeira liña de defensa” de Vigo no Parlamento galego, fronte ao “abandono” da Xunta do PP. Así o manifestaron, nun encontro con medios de comunicación, os deputados nacionalistas da cidade olívica, Carmela González, Alexandra Fernández e Brais Ruanova, que estiveron acompañados polo portavoz municipal do BNG, Xabier Pérez Igrexas.

Os parlamentarios presentaron as liñas de actuación do grupo nacionalista nesta nova lexislatura, unhas liñas que pasan por pór fin aos recortes e a privatización en sanidade pública, reactivar a industria, acabar cos problemas de acceso á vivenda ou mellorar os servizos públicos, todo iso “con propostas en positivo”

A deputada Alexandra Fernández defendeu a necesidade dun plan urxente para garantir o acceso á vivenda, un problema “grave” na cidade olívica e sinalou que a ampliación de Navia é unha “oportunidade” para dotar a Vigo dun parque público de vivenda. Por iso, o BNG reclama que a metade das novas vivendas sexan de promoción pública. En materia de sanidade, comprometeuse a defender o reforzo dos centros de saúde, a esixir o “rescate” da concesión do hospital Álvaro Cunqueiro e a absorción de Povisa na rede sanitaria do Sergas.

Mentres, a deputada Carmela González puxo o foco no déficit de prazas públicas en residencias de maiores e centros de día, e chamou tamén a ampliar a rede de escolas infantís públicas. Respecto diso, lembrou a proposta do BNG de construír en Vigo cinco novos destes centros: en Travesas, Balaídos, Navia, Casco Lanuxe e Travesía de Vigo.

A parlamentaria nacionalista tamén se referiu a a crecente conflitividade laboral na cidade e prometeu traballar para que a Xunta exerza como autoridade laboral e garantir salarios e condicións dignas. Así mesmo, lamentou a falta de políticas para combater a elevada sinistralidade laboral.

Pola súa banda, Brais Ruanova referiuse á perda de peso industrial en Vigo e sinalou que o BNG presentará no Parlamento iniciativas para acabar co “desmantelamento industrial” na comarca e impulsar sectores como a automoción, o complexo mar-industria ou o naval.

O portavoz do grupo municipal do BNG, Xabier Pérez Igrexas, puxo en valor que os deputados vigueses serán “unha voz firme” en defensa da cidade, fronte ás políticas do PP e o “abandono” da Xunta. Ademais, o concelleiro nacionalista pediu a Alfonso Rueda que “tome note” da “derrota electoral” cultivada polo PP en Vigo nas pasadas autonómicas, nas que o BNG se erixiu en primeira forza na cidade, e deixe de “volver as costas” aos vigueses.

ÚLTIMAS

Restablecen a circulación na ponte de Rande logo dun accidente múltiple que provocou retencións

A circulación na ponte de Rande quedou restablecida despois de algo máis dunha hora...

O AVE Vigo – Porto tardará 50 minutos, pero non se sabe cando estará operativo

Portugal prevé que a conexión en tren de Vigo ao Porto sexa de 50 minutos...

A Xunta intervirá Ambulancias del Atlántico con tres técnicos de Tragsa e xestionará a entrega de nóminas

Os sindicatos CIG, CC.OO. e USO informaron, nun comunicado conxunto, do achegamento de posturas...

O BNG propón máis frecuencias ferroviarias entre Vigo e Santiago: “Comprar un billete está a converterse nunha odisea”

O BNG rexistrou iniciativas no Congreso e no Senado co obxectivo de que se aumenten as frecuencias...