InicioCulturaPablo López celebrará un segundo concerto en Vigo tras vender todos os...

Pablo López celebrará un segundo concerto en Vigo tras vender todos os billetes para a cita do 15 de marzo

PUBLICADO O

- Advertisement -

O cantante, compositor e pianista Pablo López celebrará un segundo concerto en Vigo o próximo marzo, ante a demanda de entradas para a actuación xa anunciada para o día 15 dese mes (con todos os billetes xa vendidos), e a organización confirmou unha segunda cita, para o 14 de marzo, tamén no Auditorio Mar de Vigo. Así, as entradas para ese segundo concerto xa están á venda en www.teuticket.com.

A traxectoria musical de Pablo López arrincou hai unha década, co seu álbum de debut, ‘Once historias y un piano’, que enseguida converteu ao artista nun referente no panorama musical. O disco, con éxitos como ‘La mejor noche de mi vida‘, ‘V‘ ou ‘Suplicando‘, conseguiu a certificación de ouro.

Aínda que se deu a coñecer en 2008 pola súa participación no programa televisivo Operación Triunfo, Pablo López non asinou o seu primeiro contrato cunha discográfica ata 2013 e, desde entón, foi acumulando éxitos e recoñecemento. O artista visitará Vigo no marco da súa xira de celebración de dez anos de carreira, e repasará éxitos dos seus catro álbums de estudo.

ÚLTIMAS

Vigo acollerá un concerto solidario para axudar a Venezuela

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, anunciou este luns a celebración dun concerto solidario...

Desconvocada a folga nas lavandarías dos hospitais da área de Vigo

O comité de empresa e a dirección de Elis Manomatic, que presta o servizo...

O BNG denuncia un “recorte salvaxe” de camas na área de Vigo este verán

O BNG esixiulle á Xunta que "rectifique" o peche de camas e os "recortes"...

Revogada a condena a un pub de Vigo por difundir un vídeo onde se vían dous clientes “en actitude cariñosa”

A Audiencia de Pontevedra estimou un recurso presentado por un local de lecer de...