InicioSociedadeA xuíza accede a que se tome unha nova mostra de ADN...

A xuíza accede a que se tome unha nova mostra de ADN do exmozo de Déborah Fernández

PUBLICADO O

- Advertisement -

A xuíza de instrución número 2 de Tui acordou aceptar a petición dos avogados da familia de Déborah Fernández de tomar unha nova mostra de ADN a Pablo P.S.L., exmozo da moza viguesa, e único investigado en relación coa súa desaparición e morte.

A toma de material xenético do investigado ten como finalidade a súa comparación cos restos achados no cadáver da moza, e non é a primeira vez que se lle toma unha mostra de ADN ao exmozo (a primeira vez foi en 2002, cando a moza aínda estaba desaparecida, e a segunda en 2010).

Os avogados dixeron que a primeira mostra tomada “non consta” de forma fidedigna que sexa do investigado, nin están claras as circuntanscias nas que se fixo esa dilixencia. Con respecto á 2010, “nin sequera hai resultados”, é dicir, entenden que non se chegou a analizar.

En todo caso, a representación procesual da familia da moza advertiu de que recorrerá esa resolución do xulgado, xa que a maxistrada non accedeu a que esta parte estea presente durante a toma da mostra. Os letrados da familia denunciaron trátase “dun novo insulto” e un “desprezo”.

Con todo, o xulgado opúxose á práctica doutras dilixencias, como unha pericial conxunta de todos os expertos (das forzas policiais e dos técnicos prouestos polos avogados das partes) que participaron na análise do disco duro do computador de Déborah Fernández.

A xuíza si aceptou a declaración do experto forense Aitor Curiel, que o pasado 8 de xuño ratificou por vídeoconferencia o informe no que concluíra que a etilioxía da morte da moza é homicida.

ÚLTIMAS

A CIG denuncia que o modelo de Muface prioriza o beneficio económico sobre o dereito á saúde

A CIG denunciou este luns que o modelo de mutualismo administrativo está deseñado para...

Guerra de cifras e reproches entre a Xunta e o Concello de Vigo pola vivenda e o Mundial 2030

A Xunta de Galicia reivindicou este luns o seu compromiso coa construción de vivenda...

Un policía local de Redondela resulta ferido ao deter un home que tentou reter a unha moza

Un axente da Policía Local de Redondela resultou ferido este fin de semana durante...

Tres anos de prisión para un home sorprendido con 10 gramos de cocaína nun bar de Vigo

A sección quinta da Audiencia Provincial de Pontevedra, con sede en Vigo, condenou a...