InicioEconomíaConvocada unha poxa para a adxudicación de 31 parcelas de chan empresarial...

Convocada unha poxa para a adxudicación de 31 parcelas de chan empresarial na Plisan

Os interesados disporán de prazo ata o próximo 15 de setembro para a presentación das súas ofertas

PUBLICADO O

- Advertisement -

A Xunta convocou unha poxa pública de parcelas urbanizadas na Plataforma Loxística Empresarial de Salvaterra-As Neves (Plisan) pola que pon a disposición das empresas 31 parcelas que suman un total de 127.287,88 metros cadrados.

O Diario Oficial de Galicia (DOG) anunciou este mércores que as parcelas serán adxudicadas polo procedemento de poxa á alza, con posibilidade de adxudicación en réxime de compravenda ou en dereito de superficie. Os interesados disporán de prazo ata o próximo 15 de setembro para a presentación das súas ofertas.

O Goberno galego informou que o chan empresarial porase no mercado cun prezo de venda de 80,19 euros por metro cadrado, máis IVE. Se a adxudicación faise na modalidade de dereito de superficie o canon anual a pagar polos adxudicatarios será do 1,5% do prezo da parcela nos dous primeiro anos, o 2,5% nos dous seguintes anos e o 3,5% no quinto ano e sucesivos. O canon actualizarase conforme á variación anual do Índice de Garantía da Competitividade (IGC).

Nos dous primeiros anos as empresas adxudicatarias en dereito de superficie pagarán un canon de 1,2 euros, máis IVE, por metro cadrado e ano. Ao finalizar o prazo de presentación de ofertas, farase a poxa pública nunha data que será anunciada con antelación. As parcelas serán adxudicadas á mellor oferta e terán preferencia as ofertas de adquisición sobre as de adxudicación en dereito de superficie cando exista concorrencia de ofertas sobre a mesma parcela.

Os adxudicatarios do chan estarán obrigados a implantar a súa actividade na parcela adxudicada no prazo máximo de tres anos desde a formalización en escritura pública. Ademais, deberán desenvolver a súa actividade durante un prazo mínimo de cinco anos desde o inicio da mesma.

ÚLTIMAS

Detido o cuarto integrante do grupo que asaltou e golpeou a un nonaxenario en Coruxo

Axentes da Policía Nacional da Comisaría de Vigo-Redondela detiveron a un home, cuarto integrante...

A Audiencia desestima o recurso dos comuneiros de Cabral pola propiedade dunha vivenda

A sección sexta da Audiencia Provincial de Pontevedra, con sede en Vigo, desestimou un...

O PSOE de Vigo rexeita debater o cesamento da concelleira de Seguridade pola causa do ‘Saltamontes’

O PSOE de Vigo rexeitou este luns debater no pleno municipal dúas mocións de...

A borrasca Josep provoca a suspensión do transporte de ría en Vigo

As malas condicións meteorolóxicas levaron a suspender o transporte de ría en Vigo, onde...