InicioMovementos SociaisApoio total da Asociación de Actores e Actrices de Galicia á folga...

Apoio total da Asociación de Actores e Actrices de Galicia á folga contra os recortes da ESAD de Vigo

PUBLICADO O

- Advertisement -

O persoal e estudantes da Escola Superior de Arte Dramática de Galicia (ESAD), en folga contra os recortes da Xunta nun país que a pesar de tódolos avances parece que non termina de apostar pola arte, conta tamén co apoio da Asociación de Actores e Actrices de Galicia (AAAG), sindicato maioritario na interpretación e dirección teatral en terras galegas.

O cadro de persoal da ESAD convocou varias folgas, as primeiras que vive este centro dende a súa fundación en 2005, para esixir a restitución do profesorado, que perdeu nos dous últimos cursos un total de seis docentes.

Tal e como informou o claustro de profesores nos últimos días, a dirección da ESAD reclamaba para este ano tres novas vacantes e a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, tras o informe da Inspección de Educación, non só non concedeu ningunha, senón que eliminou outras tres. Dese xeito, adxudicáronse só 34 interinidades, cando en 2014 o centro chegou a contar con 42.

Contra os recortes na Escola Superior de Arte Dramática de Galicia
Persoal e estudantes da Escola Superior de Arte Dramática de Galicia protestan contra os recortes aplicados pola Xunta / Miguel Núñez

A AAAG aplaude a decisión de acudir á folga – secundada tanto polo persoal coma polo estudantado- por un conxunto de reivindicacións que, máis aló de pedir a recuperación das prazas docentes suprimidas, esixe a equiparación do centro ao réxime de estudos superiores, xa que na actualidade a ESADG expide un título equivalente ao título universitario de grao, pero a institución réxese pola normativa de Secundaria. A AAAG considera esta realidade administrativa lesiva tanto para o normal funcionamento do centro coma para os intereses formativos do alumnado.

A Asociación de Actores e Actrices de Galicia insta á Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria a recuar na súa decisión de reducir as prazas de profesorado da ESAD, a escoitar as peticións conxuntas do seu cadro persoal e do estudantado e a asumir como propia a reivindicación de modificar a normativa que rexe o funcionamento da ESAD, para equiparar o seu funcionamento aos centros de estudos superiores.

ÚLTIMAS

Volven prender lume en Chandebrito oito anos despois da traxedia na que morreron dúas persoas

Un lume forestal que comezou onte á noite en Chandebrito (Nigrán) queimou 0,73 hectáreas...

Caballero, contra as peaxes na A-52 e A-55: “As construtoras que se dediquen a contruír”

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, arremeteu este venres contra a proposta da patronal...

Abel Caballero tacha de “bobada” a proposta do PP para o centro de asociacións

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, negou este venres que poña problemas á Xunta...

A praia a Calzoa, a difícil convivencia entre liberdade canina e respecto pola natureza

Celebridades como o exfutbolista Vlado Gudelj e o músico Abraham Cupeiro participan na campaña...