InicioSucesosUn accidente frontal en Tomiño deixa catro persoas feridas

Un accidente frontal en Tomiño deixa catro persoas feridas

O sinistro produciuse pasadas as 16,30 horas na PO-552.

PUBLICADO O

- Advertisement -

Catro persoas resultaron feridas de diversa consideración nun accidente de tráfico rexistrado na tarde deste martes no municipio de Tomiño (Pontevedra), segundo informou o CIAE 112 Galicia. O sinistro, unha colisión frontal entre dous turismos, produciuse pasadas as 16,30 horas na PO-552, á altura do punto quilométrico 67. Un particular alertou a Emerxencias de que se produciu o accidente e que dúas persoas, ocupantes dun dos vehículos, non eran capaces de saír por si mesmas do coche.

Os xestores do 112 deron aviso a Urxencias Sanitarias-061, aos bombeiros do Porriño, ao GES da Guarda, á Garda Civil de Tráfico, Policía Local e Protección Civil de Tomiño, así como os servizos de mantemento da estrada. Tamén deron aviso aos bombeiros de Vigo por se fose necesaria a súa intervención. Unha vez no lugar, os efectivos de Bombeiros do Porriño tiveron que utilizar os seus equipos de excarceración para liberar a dúas dos ocupantes dun coche, que logo foron trasladados.

ÚLTIMAS

O BNG insiste en que Vigo será decisiva para volver ter deputado por Pontevedra

O BNG fixo este venres en Vigo un chamamento á cidadanía que lle dera...

Caballero sobre o Nadal: “A publicidade son eu. Cando a xente ve o meu debuxo, ve Vigo”

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, participou este xoves na VI Convención de Turespaña,...

A Xunta insiste no seu apoio ao Mundial en Vigo pero advirte da falta de planificación do concello

O conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo, remitiulle unha carta ao alcalde...

Un inspector de Policía de Vigo denuncia a existencia dun chat policial con información confidencial de persoas e causas policiais

Un xulgado de instrución do Porriño  abriu dilixencias pola actividade dun chat de Telegram...