InicioSucesosRescatados dous tripulantes dunha embarcación á deriva en Bueu

Rescatados dous tripulantes dunha embarcación á deriva en Bueu

PUBLICADO O

- Advertisement -

Dous tripulantes dunha embarcación que quedou á deriva na tarde deste pasado domingo foron rescatados polo helicóptero Pesca 1 do Servizo de Gardacostas de Galicia na localidade pontevedresa de Bueu.

Tal como informou o 112 Galicia, os feitos ocorreron pasadas as 21,30 horas, cando un particular alertou de que unha embarcación neumática estaba á deriva e achegábase a unha zona de rocas de Bueu.

Por iso, deuse aviso a Salvamento Marítimo e a Gardacostas, que desprazou a aeronave e un barco á zona. “Afortunadamente, todo quedou nun susto. Os dous tripulantes resultaron ilesos sen que fóra precisa a asistencia sanitaria”, explicou o 112 Galicia, explicando que as dúas persoas foron trasladadas ao Aeroporto de Peinador.

ÚLTIMAS

A Policía investiga o achado dun cadáver en estado de descomposición nunha casa okupada de Vigo

A Policía Nacional investiga o achado do cadáver dun home en estado de descomposición,...

O PP propón un bono mensual de 20 euros para o bus de Vigo ante a subida do billete ordinario

O grupo municipal do PP de Vigo propuxo a implantación dun bono mensual de...

A Doblada: da desidia toponímica á desmemoria histórica

​Hai uns días, a Xunta de Galicia modificou decenas de toponímicos nas catro provincias,...

A Policía Nacional evita en Vigo que un home se lance ao baleiro desde unha terraza

Axentes da Policía Nacional da Comisaría de Vigo-Redondela evitaron que un home se lanzase...