InicioSociedadeSeis acusados de traficar con droga non irán a prisión tras chegar...

Seis acusados de traficar con droga non irán a prisión tras chegar a un acordo

Os acusados deberán aboar diferentes cantidades de cartos e non volver a dilinquir dentro dos prazos establecidos.

PUBLICADO O

- Advertisement -

Seis membros dun grupo familiar, acusados de traficar con droga no barrio vigués de Teiseludirán o ingreso en prisión tras chegar a un acordo coa Fiscalía e tras a aplicación de circunstancias atenuantes, tal e como quedou reflectido na sentenza ditada na sección quinta da Audiencia Provincial de Pontevedra, tras un acordo de conformidade.

María Soidade G.M., Jesús M.G., Modesto M.G., Ana G.R., Antonio M.B. e Adela G.J. sentáronse no banco dos acusados como presuntos autores dun delito contra a saúde pública e a Fiscalía pedía inicialmente para eles penas que oscilaban entre os 5 e 3 anos e medio de prisión.

Tras o acordo e o recoñecemento dos feitos por parte dos procesados, o Ministerio Público modificou as súas conclusións e acusou a María Soidade, Jesús, Modesto e Ana dun delito de tráfico de drogas, coa circunstancia atenuante de drogadicción en todos os casos. A Antonio e Adela considéraos cómplices do delito, ao colaborar cos demais acusados na súa actividade de venda de estupefacientes.

Ademais, María Soidade e Jesús deberán pagar unha multa de 1.500 euros cada unModesto e Ana deberán pagar multa de 200 euros; e Antonio e Adela deberán pagar unha multa de 500 euros cada un.

As partes tamén acordaron a suspensión da execución da pena, de maneira que ningún dos procesados entrará en prisión. No caso dos autores do delito, a suspensión acordouse por un período de 5 anos, a condición de que non volvan delinquir nese tempo e continúen os seus tratamentos de desintoxicación das drogas; no caso dos cómplices, a suspensión da pena de prisión é por 3 anos, tamén a condición de que non delincan nese período.

FEITOS RECOÑECIDOS

Os procesados admitiron que, entre maio e setembro de 2020, adicábanse á venda de cocaína e heroína desde dous domicilios da zona da Avenida de Galicia e nas inmediacións do Centro de Saúde de Teis.

Nos rexistros dos domicilios, os axentes incautáronse de diversas cantidades de heroína e cocaínadecenas de moedas de prata antigasbásculasarmas brancas17 décimos de lotaría de Nadal e uns 2.500 euros fraccionados en distintos billetes.

ÚLTIMAS

“Tiven que vivir na rúa dentro dun coche, co meu fillo menor de idade e dous gatos”, di unha estafada

Un estafador reincidente, condenado ata en tres ocasiones por casos similares, asegurou que descoñece...

Dúas persoas trasladadas ao hospital tras un incendio nunha vivenda en Samil

Dúas persoas tiveron que ser evacuadas este luns a un centro hospitalario por inhalación...

O BNG denuncia “opacidade” no custo do desfile das Forzas Armadas e o peche das Travesas

O BNG de Vigo denuncia a "opacidade" do goberno local de Abel Caballero sobre...

Vigo recibe este martes a súa primeira tripla escala de cruceiros con máis de 7.500 turistas

O Porto de Vigo acollerá este martes, día 22 de abril, a súa primeira...