InicioSucesosTres detidos tras unha liorta con machetes entre feirantes das festas de...

Tres detidos tras unha liorta con machetes entre feirantes das festas de Coia de Vigo

Un dos detidos tivo que ser trasladado ao hospital Álvaro Cunqueiro.

PUBLICADO O

- Advertisement -

A Policía Nacional de Vigo confirmou a detención de tres persoas, implicadas nunha liorta que tivo lugar entre feirantes á primeira hora da tarde no barrio de Coia, e na que se estaban empregando machetes e outras armas brancas.

Os feitos ocorreron sobre as 14,00 horas deste xoves, cando as forzas policiais tiveron coñecemento da pelexa, ocorrida nas inmediacións da rotonda onde está o barco de Alfageme, no populoso barrio de Coia, na zona onde se están instalando as atraccións para as festas, que comezan este fin de semana.

Fontes policiais explicaron que, no marco desta actuación, producíronse tres detencións, e que unha das persoas detidas tivo que ser trasladada ao hospital Álvaro Cunqueiro. De momento, descoñécese o estado do ferido ou os motivos que desencadearon a liorta.

ÚLTIMAS

Carmen García Mateo convértese na primeira reitora da historia da Universidade de Vigo

A catedrática Carmen García Mateo será a primeira reitora da Universidade de Vigo nos...

Queremos Galego lembra o compromiso de Begoña Caamaño coa lingua

A plataforma Queremos Galego pechou este venres a campaña de difusión da mobilización do...

Condenan ao CSIC a indemnizar con 52.000 euros a unha traballadora por 17 anos de precariedade

A Sección do Social do Tribunal de Instancia de Vigo condenou ao Consello Superior...