InicioSociedadeOutras cinco familias de galegos represaliados súmanse á 'querela arxentina' polos crimes...

Outras cinco familias de galegos represaliados súmanse á ‘querela arxentina’ polos crimes franquistas

Este xoves presentaranse as novas denuncias no consultado de Arxentina en Vigo.

PUBLICADO O

- Advertisement -

A causa criminal 4.591/2010, coñecida como a ‘querela arxentina’ e que se segue nun xulgado de Buenos Aires por crimes de lesa humanidade, sumará este xoves cinco novas denuncias, coa adhesión doutras tantas familias de homes galegos represaliados e asasinados o réxime franquista.

Este xoves presentaranse as denuncias no consultado de Arxentina en Vigo, por parte dos familiares de Celestino Carbia, alcalde de Valga e fusilado en 1937; Bernardo Mato, mestre de Teo e vítima dun asasinato extraxudicial en 1936, tras ser detido e interrogado por falanxistas; Carlos Abella, veciño de Ponteceso e sindicalista da CNT, condenado a pena de morte conmutada por cadea perpetua; José Lijó, veciño de Ribeira e membro do Comité de Defensa da República, fusilado en Santiago en 1937; e José Sieira, tamén de Ribeira e asasinado en 1937 pola súa vinculación coa CNT.

As familias contan co asesoramento de CeaQua, Iniciativa Galega pola Memoria e Histagra, e a presentación das denuncias corre a cargo da Comisión de Dereitos Humanos do grupo Avogados Novos de Vigo.

Segundo sinalou a avogada Irene Francés, esta querela supón unha importante ferramenta xurídica “na loita contra as políticas do Estado español baseadas na impunidade, o silencio, o esquecemento e a falta de investigación xudicial destes crimes“, e as familias reclaman así “o seu dereito á verdade, a xustiza, a reparación e garantías de non repetición”.

Estas querelas súmanse ás que xa presentaron antes outras familias, como as de Alexandre Bóveda, Amancio Caamaño e Ramiro Paz, en xaneiro dese ano, para esixir que se coñeza a verdade sobre os asasinatos da Caeira (Pontevedra) en 1936, e para que se revoguen as súas condenas.

Estas reclamacións xurdiron tras o proceso iniciado en 2019 pola Deputación de Pontevedra, que anunciou a súa intención de “acompañar” e porse a disposición de todas as persoas afectadas por aqueles crimes do franquismo.

Así, este xoves formalizaranse as denuncias doutras cinco familias, que se suman aos escritos presentados por decenas de familiares e achegados dos represaliados polo réxime de Franco en Galicia. Á querela arxentina tamén se sumaron o ano pasado os descendentes dunha vintena de prisioneiros galegos enviados pola ditadura a campos de concentración nazis.

ÚLTIMAS

Arde un prototipo creado por estudantes na Escola de Enxeñaría Industrial de Vigo

Un incendio nun garaxe anexo da Escola de Enxeñaría Industrial de Vigo, no campus...

Disputa familiar nas redes sociais mobiliza ás forzas de seguridade

A Garda Civil investiga a unha decena de persoas das zonas de Vigo e...

Falece Seve, figura esencial da cultura popular e musical do Porriño e comarca

A comarca do Condado e da Louriña amenceu hoxe envolta nunha fonda tristura tras...

Un home de 67 anos, ferido grave tras ser atropelado por un bus urbano

Un home, M.Z.A. de 67 anos de idade, resultou ferido grave na tarde deste...