InicioCulturaCaballero acusa á Xunta de querer deixar a Vigo sen O Marisquiño

Caballero acusa á Xunta de querer deixar a Vigo sen O Marisquiño

Anuncia 318.000 euros para este festival e insta ao Porto a reparar o peirao colapsado, "e rápido".

PUBLICADO O

- Advertisement -

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, confirmou este luns que o Concello olívico achegará 318.000 euros para a celebración do festival do Marisquiño deste ano, e denunciou que a Xunta “tentou que non se fixese” na cidade.

Así o trasladou nunha rolda de prensa, celebrada despois de que o rexedor e a primeira tenente de alcalde (e presidenta da Deputación de Pontevedra), Carmela Silva, mantivesen unha reunión co director do evento, Joako Ezpeleta.

Abel Caballero confirmou que a achega de fondos municipais ao festival elevarase ata os 318.000 euros, 100.000 euros máis que na anterior edición; mentres que a Deputación de Pontevedra cooperará con 181.500 euros. A partir de agora, explicou, “iníciase a redacción do convenio” para facer efectiva esa subvención.

O alcalde comparou o apoio que o Concello dá ao evento coa axuda económica da Xunta, que “só achega 100.000 euros”, a pesar de que “aos concertos en Santiago dálles 2 millóns”. “Ao evento máis importante que se celebra en Galicia en termos de espectáculo, só lle dá 100.000 euros”, denunciou. A Xunta tentou que O Marisquiño non se celebrase, e que marchara de Vigo. E na súa achega económica está a proba”, concluíu o rexedor olívico.

REPARACIÓN DO PEIRAO COLAPSADO

Por outra banda, en relación á situación na que se atopa o peirao que colapsou na pasada edición do festival –causando máis de 450 feridos–, Abel Caballero insistiu en que teb que ser o Porto o que o repare, “e rápido”.

Segundo incidiu, “non é de recibo que o centro dunha cidade teña un peirao afundido durante anos“, e lembrou que, cando se levantou o precinto xudicial, a maxistrada que instrúe a investigación do accidente “díxolle ao Porto” que debía tomar medidas para garantir a seguridade, ou ben reparando a zona, ou ben construíndo un peirao novo.

Así mesmo, Abel Caballero volveu a mostrar na rolda de prensa deste luns unhas imaxes dun transporte pesado atravesando o paseo de Montero Ríos, e insistiu en que este tipo de vehículos, que levan e traen pezas do Porto, son os que “rompen” o pavimento, “e non os cidadáns paseando”.

Por iso, o alcalde mantén que debe ser o Porto o que repare esa zona, aínda que o convenio asinado no seu día recolla que o mantemento dese espazo corresponde ao Concello.

ÚLTIMAS

Un SMS falso acaba nunha estafa de 140.000 euros. Así é a estafa intervida pola Garda Civil no Porriño

O Equipo de Investigación Tecnolóxica da Unidade Orgánica de Policía Xudicial da Comandancia da...

O persoal do lixo de Vigo convoca folga indefinida a partir do 24 de maio

O comité de persoal de FCC (CIG, CC.OO. e USO), concesionaria do servizo de...

Profesorado do IES Castelao de Vigo denuncian “censura” da Xunta nunha exposición sobre Begoña Caamaño

Un grupo de profesores do IES Castelao de Vigo, que resultou gañador do Concurso-Exposición...

A CIG convoca dúas novas xornadas de folga no comercio do metal de Pontevedra

A Confederación Intersindical Galega (CIG) informou de que decidiu promover dúas novas xornadas de...