InicioSucesosDenunciada en Vigo por conducir baixo os efectos do alcol un vehículo...

Denunciada en Vigo por conducir baixo os efectos do alcol un vehículo cunha roda danada

PUBLICADO O

- Advertisement -

Unha muller de 50 anos domiciliada en Nigrán, R.M.C., foi denunciada por conducir baixo efectos do alcol un vehículo que presentaba unha roda danada. Fontes policiais detallaron que os feitos tiveron lugar sobre as 13,52 horas deste venres, cando os axentes deron o alto a un turismo que circulaba cunha das rodas dianteiras rebentada.

Así, entrevistáronse coa condutora e observaron que presentaba síntomas de consumir bebidas alcohólicas, polo que lle realizaron as probas correspondentes. Os resultados arroxaron taxas positivas de 0,81 e 0,86 miligramos por litro de alcol en aire expirado, o que excedía o límite penal establecido, polo que foi denunciada.

Así mesmo, sobre as 21,53 horas do mesmo día, unha unidade interceptou a un condutor de 32 anos domiciliado en Vigo, M.S.F., na praza de América e comprobou que presentaba síntomas de atoparse baixo efectos do alcol. Por iso, realizáronselle as probas de alcoholemia, cuxos resultados positivos (0,36 e 0,35 mg/l de alcol por aire expirado) non excederon o límite penal establecido.

ÚLTIMAS

Carmen García Mateo convértese na primeira reitora da historia da Universidade de Vigo

A catedrática Carmen García Mateo será a primeira reitora da Universidade de Vigo nos...

Queremos Galego lembra o compromiso de Begoña Caamaño coa lingua

A plataforma Queremos Galego pechou este venres a campaña de difusión da mobilización do...

Condenan ao CSIC a indemnizar con 52.000 euros a unha traballadora por 17 anos de precariedade

A Sección do Social do Tribunal de Instancia de Vigo condenou ao Consello Superior...