InicioSucesosVarios detidos e rexistros nun operativo contra o narcotráfico en diferentes localidades...

Varios detidos e rexistros nun operativo contra o narcotráfico en diferentes localidades galegas

Hai un detido na zona de Vigo.

PUBLICADO O

- Advertisement -

Un operativo contra o narcotráfico, desenvolvido de forma conxunta por axentes de Policía Nacional e Garda Civil, saldouse con varias detencións e rexistros en diferentes puntos de Galicia, e non se descartan novos arrestos, segundo informaron fontes coñecedoras da investigación.

Trátase dunha actuación coordinada desde un xulgado de Ferrol e este martes entrou en “fase de explotación”, coa detención de varias persoas (polo menos un home na zona de Arousa e outro en Vigo), así como diferentes rexistros en Vilanova de Arousa, Vigo, Ridadumia, Santa María de Oia ou Sanxenxo.

No marco destas actuacións, que foron declaradas secretas polo xulgado, prevense varias detencións, e os rexistros poderían ampliarse ás zonas da Coruña e Ferrol.

ÚLTIMAS

Carmen García Mateo convértese na primeira reitora da historia da Universidade de Vigo

A catedrática Carmen García Mateo será a primeira reitora da Universidade de Vigo nos...

Queremos Galego lembra o compromiso de Begoña Caamaño coa lingua

A plataforma Queremos Galego pechou este venres a campaña de difusión da mobilización do...

Condenan ao CSIC a indemnizar con 52.000 euros a unha traballadora por 17 anos de precariedade

A Sección do Social do Tribunal de Instancia de Vigo condenou ao Consello Superior...