InicioSucesosDetida unha parella viguesa por roubar baterías de vehículos nun concesionario de...

Detida unha parella viguesa por roubar baterías de vehículos nun concesionario de Vilaboa

A detención produciusa cando unha dotación da Garda Civil do posto de Moaña observou a dúas persoas en actitude sospeitosa xunto a un concesionario situado na N-550.

PUBLICADO O

- Advertisement -

Unha parella de 34 e 26 anos residente en Vigo foi detida tras supostamente roubar 13 baterías de vehículos nun concesionario de Vilaboa. Segundo trasladou a Garda Civil nun comunicado, os feitos tiveron lugar durante a madrugada deste martes, cando unha dotación do posto de Moaña deste corpo de seguridade observou a dúas persoas en actitude sospeitosa xunto a un concesionario situado na N-550, no municipio de Vilaboa.

As dúas persoas, que levaban a cara cuberta, foron interceptadas, aínda que tentaran fuxir ao decatarse da presenza da patrulla. Nese momento, unha delas portaba unha tesoira cizalla coa que se cortou o aramado metálico do peche perimetral do concesionario.

Así mesmo, localizáronse 13 baterías de vehículos preparadas para ser transportadas nunha carretilla no exterior do establecemento, xunto ao muro. Posteriormente, a parella foi detida por un presunto delito con forza e foi posta a disposición do Xulgado de Instrución de garda de Cangas, que decretou a súa liberdade provisional con cargos.

ÚLTIMAS

Juan Barbazán triunfa no Festival de Cans cos tres premios de “María Rita”

'María Rita', de Juan Barbazán, confirmou como a gran gañadora na entrega de premios...

Primeiro día de folga do lixo en Vigo tras o desencontro entre sindicatos e empresa

O comité de empresa da concesionaria da recollida de lixo e limpeza viaria do...

Feridas catro persoas tras bater o seu vehículo contra varios estacionados en Vigo

Catro persoas resultaron feridas en Vigo tras bater o seu vehículo contra varios estacionados....

Os traballadores do lixo de Vigo van á folga indefinida desde este domingo tras fracasar a negociación

O comité de empresa da concesionaria da recollida de lixo e limpeza viaria do...