InicioCulturaIngresado grave no Álvaro Cunqueiro o electricista que roubou o Códice Calixtino

Ingresado grave no Álvaro Cunqueiro o electricista que roubou o Códice Calixtino

PUBLICADO O

- Advertisement -

Manuel Fernández Castiñeiras, o electricista que foi condenado a oito anos de prisión polo roubo do Códice Calixtino na Catedral de Santiago, permanece ingresado na UCI do Hospital Álvaro Cunqueiro (HAC) de Vigo, tras sufrir un derrame cerebral.

Segundo fontes consultadas por Europa Press, o home leva case dúas semanas no centro hospitalario vigués, tras sufrir este accidente cerebrovascular no cárcere pontevedrés da Lama, onde cumpre condena.

Fernández Castiñeiras se atopou mal o pasado 26 de abril e foi trasladado, nun primeiro momento, ao Hospital Montecelo de Pontevedra. Dado o seu estado de gravidade, foi posteriomente evacuado a Vigo, onde ingresou no Hospital Álvaro Cunqueiro.

O recluso cumpre condena pola subtracción continuada durante anos de diñeiro e documentos da basílica compostelá, entre eles o Códice Calixtino. Así mesmo, está considerado como autor dun delito de branqueo de capitais.

A noticia da subtracción do Códice Calixtino da Catedral de Santiago deuse a coñecer o 5 de xullo de 2011. A peza foi localizada case un ano despois, o 4 de xullo de 2012, dentro dun garaxe na poboación coruñesa do Milladoiro, propiedade do detido.

ÚLTIMAS

Vigo aproba a taxa turística: custará entre 0,80 e 2 euros por noite segundo o aloxamento

A Xunta de Goberno Local do Concello de Vigo aprobou este venres o proxecto...

En liberdade provisional os tres detidos na operación antidroga de Vigo

O tribunal de instancia de Vigo, sección de Instrución, praza 4, decretou a posta...

Vigo reforza o servizo de extinción de incendios coa incorporación de 30 novos bombeiros

A Xunta de Goberno Local do Concello de Vigo aprobou este venres o nomeamento...

Belén Rubio coloca o campus de Pontevedra no centro do seu proxecto para liderar a UVigo

A candidata á reitoría da Universidade de Vigo pola agrupación H2040, Belén Rubio, situou...