InicioSociedadeAbel Caballero compara a Feijóo con Nicolás Maduro por anunciar un proxecto...

Abel Caballero compara a Feijóo con Nicolás Maduro por anunciar un proxecto para o Ifevi sen contar co padroado

O alcalde acusa a Xunta de querer "aforrar os 5,5 millóns da reforma das pistas de atletismo de Balaídos".

PUBLICADO O

- Advertisement -

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, volveu a arremeter este xoves contra o presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, a conta do anuncio da construción dun módulo de atletismo no Instituto Feiral da cidade (Ifevi), que se faría de forma simultánea ás obras de ampliación do recinto.

O rexedor insistiu en que ese “cambio” no proxecto non foi trasladado ao padroado do Ifevi, polo que tres dos seus membros, Carlos López Font, Francisco Javier Pardo e Santos Héctor Rodríguez (todos eles concelleiros do goberno vigués) pediron formalmente unha reunión de urxencia do padroado para poder “coñecer” ese proxecto.

Segundo apuntou o alcalde, “tamén denuncian a falta de respecto de Feijóo”, por avanzar unha actuación sen consultala co órgano que rexe o recinto feiral. A xuízo do rexedor, “Feijóo empézase a parecer a Maduro en Venezuela” por actuar á marxe do padroado.

Así mesmo, Caballero insistiu na súa “preocupación” por se a construción do módulo de atletismo atrasa a ampliación do Ifevi e non está lista para a feira Conxemar, e por se este cambio no proxecto inicial “cumpre a legalidade” ou pode invalidar as expropiacións levadas a cabo polo Concello.

O alcalde denunciou que o goberno galego “quere atrasar a obra porque Conxemar non lle importa” e “quérese aforrar os 5,5 millóns da reforma das pistas de atletismo de Balaídos”, a pesar de que a administración autonómica asegurou varias veces que non renuncia a mellorar as actuais instalacións e que ten proxecto e orzamento, aínda que non licenza municipal, polos problemas urbanísticos da cidade.

Finalmente, Abel Caballero volveu insistir en que Zona Franca debe formar parte do padroado do Ifevi, xa que é un importante promotor económico da cidade e que, ademais, está disposta a achegar 5 millóns de euros.

ÚLTIMAS

Feridas catro persoas tras bater o seu vehículo contra varios estacionados en Vigo

Catro persoas resultaron feridas en Vigo tras bater o seu vehículo contra varios estacionados....

Os traballadores do lixo de Vigo van á folga indefinida desde este domingo tras fracasar a negociación

O comité de empresa da concesionaria da recollida de lixo e limpeza viaria do...

Piden 4 anos e medio de cárcere para a edil de Seguridade de Vigo polo caso Saltamontes

As acusacións particulares do chamado caso Saltamontes de Vigo, que representan aos pais e...

Un baionés recolle 60.000 sinaturas para esixir ao Goberno e a UE a obriga de introducir sensores antiabandono nas sillas infantís

Despois do falecemento de outra nena de dous anos este fin de semana en...