InicioSociedadeA Xunta confina Moaña polos seus malos datos da Covid

A Xunta confina Moaña polos seus malos datos da Covid

Saen das medidas máis restrictivias sete concellos.

PUBLICADO O

- Advertisement -

O comité clínico que analiza a expansión do coronavirus en Galicia decidiu incorporar ao municipio de Moaña ao grupo dos territorios coas restricións máis severas, do cal por contra, saen os concellos de Verín, Amoeiro e Coles, na provincia de Ourense; Trazo, Boqueixón e Val do Dubra, na provincia da Coruña; e Monforte (Lugo) e Campo Lameiro (Pontevedra).

Na súa reunión deste martes, o grupo de expertos, presidido polo conselleiro de Sanidade, Xullo García Comesaña, decidiu incorporar a Moaña ás medidas do nivel 3, que supoñen o peche perimetral do municipio, que os locais de hostalaría só poden abrir para servizos de comida para levar e que quedan prohibidas as reunións sociais entre persoas que non viven baixo o mesmo teito.

Por contra, o comité clínico de expertos que segue a evolución da Covid-19 en Galicia decidiu o levantamento das restricións máis duras nos oito municipios referidos, co que son 62 os concellos coas medidas do nivel 3, incluídas o sete grandes cidades galegas.

Todas estas medidas serán publicadas este miércioles no Diario Oficial de Galicia e entrarán en vigor a partir da medianoite do mércores para o xoves. No entanto, nas localidades de coruñesas de Ribeira e Dumbría, as ourensás de Petín e A Rúa e a pontevedresa da Lama acordouse implementar “unha observación específica” da súa evolución epidemiolóxica, aínda que polo momento continúan co nivel de restricións actual.

ÚLTIMAS

Balaídos terá unha ‘Tribuna Iago Aspas’: Caballero anuncia que levará o nome do xogador e terá unha estatua ao seu carón

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, anunciou que a bancada de Tribuna do estadio...

Vox leva ao xulgado os incidentes nunha mesa informativa en Cangas e estuda accións polo acto frustrado de Santiago

Vox presentou este martes unha denuncia ante a sección de instrución do Xulgado de...

Foanpas denuncia “carencias de profesorado” e “caos” no transporte escolar neste inicio de curso en Vigo

A Federación Olívica de Asociacións de Nais e Pais de Centros Escolares de Vigo...

Vigo pon en marcha o Nadal: comeza a montaxe dos grandes elementos con case 13 millóns de luces

O Concello de Vigo iniciou este martes a montaxe dos grandes elementos do seu...