InicioSociedadeTriplícanse os contaxios na residencia de anciáns de Vigo

Triplícanse os contaxios na residencia de anciáns de Vigo

PUBLICADO O

- Advertisement -

A situación das residencias de anciáns en Galicia comeza a ser preocupante tras coñecerse este sábado que se incrementou significativamente o número de contaxiados nas de Vigo e Santiago. ASFAREBA (Asociación Usuarios e Familiares Residencias DomusVi) e a Federación Galega REDE de Asociacións de Usuarios e Familiares das Residencias e da Dependencia, apuntan a máis de 20 casos nas residencias que DomusVI ten en Santiago, a San Lazaro, e en Vigo, a Barreiro. Tamén apuntan a máis casos nas de Caldas de Reis e Celanova.

Así, na DomusVI Barreiro, en Vigo, hai xa once casos confirmados xa. Un deles, segundo familiares consultados, “foi xa desahuciado polos médicos do Álvaro Cunqueiro”. Tres foron trasladados ao Hospital Álvaro Cunqueiro e 8 foron ou ían ser trasladados desde a residencia ata o hospital privado Vithas Nuestra Señora de Fátima.

Durante toda a tarde do sábado, DomusVi Barreiro negouse a dar información ás familias e a confirmar que o número de positivos subira nunhas horas de 2 a 11″, critican estasentidades. As familias reclamaron a presenza da policía ás 12 da noite para facer valer os seus dereitos fundamentais “á información e á dignidade humana”.

Tras comezar os positivos, durante a tarde do sábado, todos os residentes foron confinados nas súas habitacións, prohibíndoselles a saída das mesmas. “Presumimos que este domingo o número de infectados se desborde tras coñecerse os resultados xa totais das 40 mostras recollidas pola unidade sanitaria móbil encargada do procedemento”, din os familiares.

Tamén hai moito temor entre as traballadoras. “Non temos información, estamos desorientadas, non sabemos que pasa, estamos vendidas”, din ao criticar tamén a escaseza de material. “As máscaras dan unha das duras e a conservala todo o tempo que poidas e tampouco hai lentes de protección”, din. Toda a información no Galicia Confidencial.

ÚLTIMAS

Vigo aproba a taxa turística: custará entre 0,80 e 2 euros por noite segundo o aloxamento

A Xunta de Goberno Local do Concello de Vigo aprobou este venres o proxecto...

En liberdade provisional os tres detidos na operación antidroga de Vigo

O tribunal de instancia de Vigo, sección de Instrución, praza 4, decretou a posta...

Vigo reforza o servizo de extinción de incendios coa incorporación de 30 novos bombeiros

A Xunta de Goberno Local do Concello de Vigo aprobou este venres o nomeamento...

Belén Rubio coloca o campus de Pontevedra no centro do seu proxecto para liderar a UVigo

A candidata á reitoría da Universidade de Vigo pola agrupación H2040, Belén Rubio, situou...