InicioMedio Ambiente e PatrimonioA Xunta inviste case 48.000 euros nas obras de mellora da depuradora...

A Xunta inviste case 48.000 euros nas obras de mellora da depuradora de Baiona

PUBLICADO O

- Advertisement -

A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade, a través de Augas de Galicia, adxudicou obras de mellora nas Estacións Depuradoras de Augas Residuais (EDAR) dos concellos coruñeses de Laxe e Camariñas, así como do municipio pontevedrés de Baiona, cun investimento autonómico de case 140.000 euros.

Estas actuacións, que dispoñen dun prazo de execución de tres meses, foron adxudicadas á empresa Soil Tratamentos de Augas Industriais, no caso das dúas localidades coruñesas, mentres que as obras en Baiona levaraas a cabo Copasa.

A intervención en Baiona permitirá a realización de tarefas de mantemento e conservación destas instalacións e a mellora telemática na xestión dos tratamentos de augas residuais. Alí gastaranse máis de 48.000 euros.

“Cabe sinalar que estas infraestruturas son explotadas pola Xunta, a través de Augas de Galicia, que apoia ás administracións locais no desenvolvemento das súas competencias de prestación do servizo municipal de tratamento de augas residuais”, subliñou o Goberno galego.

ÚLTIMAS

Carmen García Mateo convértese na primeira reitora da historia da Universidade de Vigo

A catedrática Carmen García Mateo será a primeira reitora da Universidade de Vigo nos...

Queremos Galego lembra o compromiso de Begoña Caamaño coa lingua

A plataforma Queremos Galego pechou este venres a campaña de difusión da mobilización do...

Condenan ao CSIC a indemnizar con 52.000 euros a unha traballadora por 17 anos de precariedade

A Sección do Social do Tribunal de Instancia de Vigo condenou ao Consello Superior...