InicioEconomíaMulleres traballadoras da industria, principais afectadas polo peche da fronteira segundo a...

Mulleres traballadoras da industria, principais afectadas polo peche da fronteira segundo a AECT Río Miño

Nun comunicado remitido este luns, a AECT Río Miño asocia estas circunstancias a dúas posibles causas: unha maior decisión das mulleres rexistrarse e reclamar os seus dereitos, ou a que a man de obra transfronteiriza ten "unha maioría de xénero femenino".

PUBLICADO O

- Advertisement -

A Agrupación Europea de Cooperación Territorial do Río Miño (AECT Río Miño) indicou que o perfil maioritario das persoas afectadas polo peche da fronteira con Portugal son mulleres que traballan no sector da industria.

Así o indicou a partir do estudo que elaborou partindo de datos achegados entre o 2 e o 18 de marzo por persoas prexudicadas polo peche de fronteiras, co que conclúe que un 62 por cento das afectadas son mulleres.

Nun comunicado remitido este luns, a AECT Río Miño asocia estas circunstancias a dúas posibles causas: unha maior decisión das mulleres rexistrarse e reclamar os seus dereitos, ou a que a man de obra transfronteiriza ten “unha maioría de xénero femenino”.

En canto á ocupación destas persoas, o 50 por cento traballa no sector industrial, e en menor medida no sector servizos, no comercio e na administración e servizos públicos.

O rexistro de afectados o peche da fronteira con Portugal, iniciativa posta en marcha hai 15 días e que xa conta cunhas 200 persoas inscritas, segue aberto a través da web de Smart Minho. O obxectivo é usalo de base para reclamar compensacións.

PREXUÍZOS

Achega do prexuízo provocado, a maioría das persoas que se rexistraron referíronse ao “grave aumento de distancia e tempo no percorrido entre a súa residencia e o seu traballo“. En segundo lugar, acusaron un incremento “notable” nos custos dos seus desprazamentos.

Ademais, case un 13 por cento denunciou que a situación lles impediu cruzar a fronteira para acudir ao seu posto de traballo. Finalmente, un 1,76 por cento alegou un prexuízo derivado da diminución de clientes procedentes do outro país.

Respecto deste último caso, a AECT Río Miño afirma que “é moi común, aínda que non o é nesta lista, dado que o prexuízo para moitos negocios de ambas as beiras do Miño depende dos clientes dos dous países”.

ÚLTIMAS

​Pérez Esquivel, Beiras, Ferrín ou Ramonet apoian unha campaña pola liberdade de Nicolás Maduro

Destacadas personalidades como Xosé Manuel Beiras, Méndez Ferrín e o Nobel Adolfo Pérez Esquivel...

Caballero defende a Zona de Baixas Emisións para asegurar 35 millóns en fondos europeos

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, defendeu a implantación de Zonas de Baixas Emisións...

Carmen García Mateo e Belén Rubio dispútanse este venres o Reitorado da Universidade de Vigo

Carmen García Mateo e Belén Rubio mediranse este venres na segunda volta das eleccións...

Casa 47 sortea 67 vivendas en Vigo a un prezo de alugueiro medio de 662 euros ao mes

Casa 47 sorteou este xoves ante notario as 171 vivendas da convocatoria piloto de...