InicioEconomíaPSA alcanza os 14,1 millóns de unidades producidas en Vigo

PSA alcanza os 14,1 millóns de unidades producidas en Vigo

A celebración desta cifra tivo que adiarse debido ao estado de alarma.

PUBLICADO O

- Advertisement -

O Grupo PSA alcanzou os 14,1 millóns de unidades producidas na súa planta de ensamblaxe situada en Vigo desde que iniciou a súa actividade no ano 1958, segundo anunciou a compañía nun comunicado.

Así, o vehículo número 14,1 millóns foi un Peugeot e-2008 eléctrico que na actualidade se produce na planta viguesa. O todocamiño eléctrico da firma francesa, de cor azul vertixe e de 136 cabalos de potencia, terá como destino a cidade de Barcelona.

Con máis de seis décadas de historia, a factoría de PSA en Vigo na actualidade produce modelos das marcas Citroën, Peugeot, Opel e Toyota. A compañía indicou que o centro de Vigo alcanzou a produción de 14 millóns de vehículos a comezos de marzo, pero a situación provocada polo Covid-19 motivou o adiamento desa efeméride.

A empresa iniciou en febreiro deste ano a fabricación do e-2008 e desde entón ensambláronse máis de 4.000 unidades deste modelo, das que un 14% destináronse a España e o 86% restante enviouse a outros países.

A instalación industrial viguesa produce 2.300 vehículos ao día dos modelos Peugeot 2008, Rifter-Partner, 301, Citroën C4 Picasso, Grand C4 Picasso, Berlingo e C-Elysée e Opel/Vauxhall Combo Life-Cargo.

O director da factoría, Ignacio Bo, resaltou que o novo Peugeot e-2008 “é un símbolo dunha longa traxectoria, que comezou en Galicia hai 62 anos, e que permitiu á factoría acumular unha produción que supera os 14 millóns de unidades”.

ÚLTIMAS

Juan Barbazán triunfa no Festival de Cans cos tres premios de “María Rita”

'María Rita', de Juan Barbazán, confirmou como a gran gañadora na entrega de premios...

Primeiro día de folga do lixo en Vigo tras o desencontro entre sindicatos e empresa

O comité de empresa da concesionaria da recollida de lixo e limpeza viaria do...

Feridas catro persoas tras bater o seu vehículo contra varios estacionados en Vigo

Catro persoas resultaron feridas en Vigo tras bater o seu vehículo contra varios estacionados....

Os traballadores do lixo de Vigo van á folga indefinida desde este domingo tras fracasar a negociación

O comité de empresa da concesionaria da recollida de lixo e limpeza viaria do...