InicioEconomíadbarrio.com, a plataforma viguesa que loita polo comercio de barrio fronte ás...

dbarrio.com, a plataforma viguesa que loita polo comercio de barrio fronte ás grandes multinacionais

PUBLICADO O

- Advertisement -

Vigo, 2015. Pablo vive nun piso na Gran Vía e todos os domingos camiña pola rúas de Barcelona ou da rúa Zamora, para ir xantar á casa dos seus pais. Descobre como os baixos comerciais, mesmo nesa zona céntrica, van quedando baleiros. Empeza a pensar unha solución.

Verán do 2019. Esa solución está case pronta para saír ao mercado e revitalizar o pequeno comercio. Pablo acende o televisor e observa no telexornal unha folga de “riders” dunha das apps do momento en Barcelona. Pensa que a súa solución de proximidade debe dignificar o labor de quen distribúe e afina a súa solución para incluír aos repartidores, para que non sexan “falsos autónomos”. A fins do 2019 nace DBarrio (https://dbarrio.com/) e algúns comercios empezan a sumarse á plataforma

Marzo do 2020. A plataforma suscitou interese en Vigo e nos concellos próximos. Queren estar incluídos no primeiro marketplace de proximidade galego, que xa saíu na TVG e tivo ata catro minutos en La Sexta. O novo coronavirus e a corentena obrigatoria han posto un cadeado en todos os comercios con atención ao público. Pablo observa como a súa solución crece e dá respostas a esgalla de comerciantes que grazas a dbarrio seguen operativas. Toda a entrevista no Galicia Confidencial.

ÚLTIMAS

Juan Barbazán triunfa no Festival de Cans cos tres premios de “María Rita”

'María Rita', de Juan Barbazán, confirmou como a gran gañadora na entrega de premios...

Primeiro día de folga do lixo en Vigo tras o desencontro entre sindicatos e empresa

O comité de empresa da concesionaria da recollida de lixo e limpeza viaria do...

Feridas catro persoas tras bater o seu vehículo contra varios estacionados en Vigo

Catro persoas resultaron feridas en Vigo tras bater o seu vehículo contra varios estacionados....

Os traballadores do lixo de Vigo van á folga indefinida desde este domingo tras fracasar a negociación

O comité de empresa da concesionaria da recollida de lixo e limpeza viaria do...