InicioDeportesO Celta cae con deshonra en Madrid

O Celta cae con deshonra en Madrid

PUBLICADO O

- Advertisement -

O Celta leva semanas sen encontrar o seu xogo. Logo do frouxo partido ante o Deportivo, a visita a Madrid supuxo un dos peores correctivos do equipo vigués na Liga. E o certo é que volve a Vigo cunha contundente derrota do Santiago Bernabéu.

Con todo, a goleada non reflicte o acontecido no campo xa que os celestes disputaron un bo partido e gozaron de ocasións no tramo inicial do encontro.

O Real Madrid adiantouse aos trece minutos de xogo cun gran tanto de Benzema. Pouco despois, a polémica instalouse na área madridista cun posible penalti ao canteirán Brais Méndez. O xogo continuou e antes do descanso chegou o segundo e o terceiro, obra de Bale e Isco.

Tras a continuación o Celta aguantou o tipo ante un Real Madrid que non renunciaba a marcar máis goles. Chegaron. Achraf, Sergi Gómez en propia porta e Kroos culminaron a goleada madridista.

FICHA TÉCNICA

6-REAL MADRID: Navas, Varane, Nacho, Kroos, Benzema (Asensio, min.64), Modric, Bale (Lucas Vázquez, min.71), Marcelo, Casemiro, Achraf, Isco (Mayoral, min.64).

0-CELTA: Sergio, Hugo Mallo, Sergi Gómez, Roncaglia, Jonny, Lobotka, Wass, Jozabed (Radoja, min.71), Brais Méndez (Iago Aspas, min.82), Boyé (Tucu, min.46), Maxi Gómez.

Goles: Bale (1-0, min.13); Bale (2-0, min.30); Isco (3-0, min.32); Achraf (4-0, min.52); Sergi Gómez (5-0, p.p., min.74); Kroos (6-0, min.81).

Árbitro: González Fuertes, do comité asturiano. Amonestou a Hugo Mallo (Celta).

Campo: Santiago Bernabéu.

ÚLTIMAS

Investigan un roubo na vivenda do futbolista Ilaix Moriba en Nigrán

A Garda Civil investiga varios roubos cometidos na zona de Nigrán, entre eles un...

Vigo paraliza o concurso da escultura de Iago Aspas tras o recurso dun participante excluído

O Concello de Vigo suspendeu o procedemento do concurso de proxectos para o deseño...

Vigo aproba un orzamento récord de máis de 365 millóns e conxela taxas e impostos

A xunta de goberno local de Vigo aprobou este martes "o orzamento máis elevado...

Caballero celebra o “éxito” das axudas ao alugueiro accesible en Vigo con seis beneficiarios

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, destacou o "éxito" do programa municipal de rehabilitación...