InicioCulturaSonDeSeu arrinca este xoves en Vigo a súa xira de 20 aniversario

SonDeSeu arrinca este xoves en Vigo a súa xira de 20 aniversario

Será cun concerto acústico sen amplificación.

PUBLICADO O

- Advertisement -

SonDeSeu comeza este xoves, 12 de maio, en Vigo (Teatro Afundación, 20,30 horas) a súa xira de 20 aniversario cun concerto acústico.

Así, inicia os seus recitais na cidade na que naceu esta orquestra folk. Promete que fará “vibrar” o público e repasará os seus temas máis coñecidos.

Os 60 músicos do grupo actuarán nun formato acústico sen amplificación. O Concello de Vigo colabora neste evento.

Rodrigo Romaní, Begoña Riobó, Anxo Pintos, Xisco Feijoó, Xaquín Xesteira, Alfonso Franco e Xosé Liz son algunhas das figuras que forman parte deste proxecto educativo e musical, hoxe en día vinculado á Escola Municipal de Vigo de Música Folk e Tradicional.

ÚLTIMAS

Carmen García Mateo convértese na primeira reitora da historia da Universidade de Vigo

A catedrática Carmen García Mateo será a primeira reitora da Universidade de Vigo nos...

Queremos Galego lembra o compromiso de Begoña Caamaño coa lingua

A plataforma Queremos Galego pechou este venres a campaña de difusión da mobilización do...

Condenan ao CSIC a indemnizar con 52.000 euros a unha traballadora por 17 anos de precariedade

A Sección do Social do Tribunal de Instancia de Vigo condenou ao Consello Superior...