InicioCulturaA portuguesa Célia Fraga con 'Ganapos' gaña o premio 'Nortear', organizado no...

A portuguesa Célia Fraga con ‘Ganapos’ gaña o premio ‘Nortear’, organizado no ámbito da Eurorrexión

PUBLICADO O

- Advertisement -

O xurado do premio ‘Nortear‘, organizado no marco da Eurorrexión Galicia-Norte de Portugal, nomeou á nova escritora lusa Célia Fraga como vencedora da sexta edición pola súa obra ‘Ganapos’.

Segundo informa a Xunta, trátase dun certame organizado en colaboración coa Agrupación Europea de Cooperación Territorial Galicia-Norte de Portugal (AECT) e que ten o obxectivo de “recoñecer as obras literarias orixinais de ambos os lados da fronteira” á vez que se incentiva a produción “entre a mocidade”.

En concreto, o premio consiste en 3.000 euros en metálico e a publicación de 500 exemplares en edición bilingüe, tanto en galego como en portugués, posto que o concurso ‘Nortear’ busca o fomento da “circulación e distribución de obras” entre a Eurorrexión.

O xurado escolleu ‘Ganapos’ de Célia Fraga, procedente de Vila Nova de Gaia, entre as 28 obras que se presentaron a esta sexta edición –nove en galego e castelán e 19 en portugués– por contar “cunha escrita elegante, madura e coherente, e cunha forte utilización da estética”, explica a Xunta.

Nas edicións precedentes do concurso participaron sobre 230 publicacións de mozas entre 16 e 36 anos. Como vencedora da sexta edición, Célia Fraga súmase a unha lista conformada polas galegas Lara Dopazo, Cecilia Santomé e Sabela Varela e polos portugueses Rui Cerqueira Coelho e Sara Brandão.

ÚLTIMAS

O AVE Vigo-Lisboa podería estar rematado en 2033

O primeiro ministro de Portugal, Luís Montenegro, destacou que a liña de alta velocidade...

O padroado do Ifevi presenta unha nova tasación das instalacións para avanzar na súa xestión compartida

O padroado do Ifevi trasladou este venres á Xunta, ao Concello de Vigo e...

Abel Caballero denuncia un “ataque frontal” de Rafael Louzán contra a candidatura de Vigo para o Mundial 2030

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, asegurou este venres que o presidente da Real...