InicioMedio Ambiente e PatrimonioO Sendeiro dos Pescadores polo Miño no Concello de Arbo, máis fermoso...

O Sendeiro dos Pescadores polo Miño no Concello de Arbo, máis fermoso que nunca

PUBLICADO O

- Advertisement -

Coa nova mellora do Sendeiro dos Pescadores, o Concello de Arbo ofrece aos turistas e os amantes do sendeirismo unha ruta cun importante patrimonio artístico e cultural e arredor de pura natureza.

As actuacións consistiron na instalacións de paneis, infraestruturas de madeira, sinalización do camiño mediante balizas e postes direccionais de madeira, e marcas de pintura e traballos de adecuación do sendeiro como son a roza e creación de nova caixa no camiño.

Roteiro polo Miño/ Concello de Arbo

No Concello de Arbo, segundo informou o Alcalde Horacio Gil, “atópanse varios elementos patrimoniais de interese por toda a súa xeografía e na actualidade temos unha boa oferta turística de cara a tempada estival xa que contamos con varias praias fluviais no Miño e no Deva”.

Roteiro polo Miño/ Concello de Arbo

Así mesmo, tamén contan con varios paneis interpretativos de actuacións pasadas acerca da pesca tradicional da lamprea e outras actividades ligadas aos estilos de vida típicos do lugar.

Roteiro polo Miño/ Concello de Arbo

A habilitación deste sendeiro de ribeira e a súa conexión contribuirá a desestacionalizacion da oferta e reforzará os recursos interpretativos cos que conta o Concello. O rexedor segue informando que nos últimos anos Arbo está a ter unha maior afluencia de visitantes.

Roteiro polo Miño/ Concello de Arbo

ÚLTIMAS

Carmen García Mateo convértese na primeira reitora da historia da Universidade de Vigo

A catedrática Carmen García Mateo será a primeira reitora da Universidade de Vigo nos...

Queremos Galego lembra o compromiso de Begoña Caamaño coa lingua

A plataforma Queremos Galego pechou este venres a campaña de difusión da mobilización do...

Condenan ao CSIC a indemnizar con 52.000 euros a unha traballadora por 17 anos de precariedade

A Sección do Social do Tribunal de Instancia de Vigo condenou ao Consello Superior...