InicioTui despide o entroido co enterro do Bacallau

Tui despide o entroido co enterro do Bacallau

PUBLICADO O

- Advertisement -

O Entroido despediuse este domingo 24 de marzo en Tui coa celebración do Enterro do Bacallau, no que participaron miles de persoas que partiron ás 19.30 h dende a praza de San Fernando.

O percorrido transcurriu polas rúas Seixas, Porta da Pía, Ordoñez e Paseo da Corredoira até o Cantón de Diomedes onde se leron as coplas, e continuou pola praza da Inmaculada, as rúas Augusto G. Besada, Betanzos, Praza de Galicia, e rúa Lugo até a traseira da Área Panorámica para proceder a incineración do bacallau.

Enterro do Bacallau, Pablo Nunes/ Miguel Núñez

Segundo o recollido nas bases do Entroido, o bacallau é portado pola comparsa gañadora do concurso-desfile do pasado domingo “El extraño mundo de la magia de Pexegueiro” da Asociación Entroido de Pexegueiro.

A escola musical foi realizada tamén pola comparsas de Pexegueiro, gañadora en acompañamento musical, mentres que o bacallau foi elaborado pola asociación “En Loureiro coma sempre” de Salceda, que coa carroza de “O Mundo de Shrek” levaron o primeiro premio nesta categoría.

ÚLTIMAS

Juan Barbazán triunfa no Festival de Cans cos tres premios de “María Rita”

'María Rita', de Juan Barbazán, confirmou como a gran gañadora na entrega de premios...

Primeiro día de folga do lixo en Vigo tras o desencontro entre sindicatos e empresa

O comité de empresa da concesionaria da recollida de lixo e limpeza viaria do...

Feridas catro persoas tras bater o seu vehículo contra varios estacionados en Vigo

Catro persoas resultaron feridas en Vigo tras bater o seu vehículo contra varios estacionados....

Os traballadores do lixo de Vigo van á folga indefinida desde este domingo tras fracasar a negociación

O comité de empresa da concesionaria da recollida de lixo e limpeza viaria do...