InicioSociedadeOnde buscarías un avión soviético dos 70 ou a réplica dunha garra...

Onde buscarías un avión soviético dos 70 ou a réplica dunha garra de combate chinesa?

PUBLICADO O

- Advertisement -

Regalos Mila (Praza da Pedra 3, Vigo) leva dende agosto do pasado ano en mans dun novo propietario, Fernando, que levaba xa 15 anos traballando como dependente. Pero a tenda é moito, moito máis antiga: “De comezos do século XX. Hai fotografías do 1.900 e algo nas que xa aparece”, asegura.

En Regalos Mila véndense recordos para turistas e xoguetes para nenos ou curiosos, mercados por Fernando a coleccionistas ou por Internet. E tamén garda unhas garras chinas de mediados do século pasado, con dez dedos de Velociraptor e pinchos sobre o dorso da man.

Regalos Mila/ Miguel Núñez

Esta é a historia: “Un día Mao Zedong (dirixente da República Popular China e do Partido Comunista chinés) levantouse con ganas de introducir turismo no seu país, e comezou a facer réplicas de armas clásicas”.

Regalos Mila/ Miguel Núñez

“Pero algo máis tarde arrepentiuse, así que hai poucas pezas. Estas mans son para pelexar nos corredores dun castelo e sitios estreitos en xeral, sen espazo suficiente para utilizar espada. A arma orixinal na que se basea a réplica será do século XII ou XV”, asegura.

Conta con algunhas pezas curiosas máis, dalgunhas o máis bonito é a caixa: “Había grandes deseñadores”.  Ten un xoguete soviético dos 70, un avión a pilas coa fouce e o martelo.

Regalos Mila/ Miguel Núñez

Ten matrículas de Elvis Presley e Michael Jackson, metralletas de xoguete que soltan ruídos e chispas, un camión de polos que pican no chan mentres avanza, unha caravana dos 60 con autoservicio, tanques ou coches en miniatura de catro centímetros.

Regalos Mila/ Miguel Núñez

Tamén sombreiros e boinas, galegas e vascas, paraugas para o mal tempo, botas de viño, ou antigos isqueiros: acendedores antigos de mecha longa, a base dun material inflamable e un pedernal, que servían para acender o lume por exemplo no medio do mar, cando non afrouxaba o vento.

Regalos Mila/ Miguel Núñez

Incluso, coma curiosidade histórica para coleccionistas, un ferro de xoguete, recordo daqueles anos de ditadura en España, é en miniatura pero enchúfase e quenta igual. É da marca Joal, 125 vatios, fabricouse entre os 50 e os 60. Na caixa, nenas sorrindo con diferentes cores de pelo, louras, castañas, morenas.

Regalos Mila/ Miguel Núñez

O xoguete favorito de Fernando é o que nunca tuvo, un Land Rover grúa de Rico: “É moi complicado de conseguir, e non baixaría dos 600 euros. O tiña meu veciño, cando eu era pequeno. Supoño que el envexaría o meu”.

Regalos Mila/ Miguel Núñez

ÚLTIMAS

A Policía de Vigo mantén abertas todas as liñas de investigación polo incendio dun edificio en Cesáreo González

A Policía Nacional de Vigo investiga "con todas as liñas abertas" o incendio ocorrido...

Abel Caballero esixe desculpas a Alfonso Rueda polo atraso do AVE a Porto ata 2039

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, cargou contra o presidente da Xunta, Alfonso Rueda,...

25 de Abril: Unha revolución permanente

O 25 de abril de 1974 foi unha revolución decisiva en Portugal, que acabou...

Tres persoas feridas, unha delas de gravidade, nun incendio nun edificio en Vigo

Tres persoas resultaron afectadas, unha delas de gravidade, tras un incendio nun edificio situado...