InicioPolíticaO BNG esixe cambiar o plan de tráfico do Nadal de Vigo...

O BNG esixe cambiar o plan de tráfico do Nadal de Vigo tras o “caos” do acendido das luces e o desfile de Disney+

Os nacionalistas reclaman a Abel Caballero que rectifique o dispositivo de mobilidade para evitar novos colapsos circulatorios durante as festas. Propoñen aparcadoiros disuasorios e reforzos do transporte público, mentres alertan do "preocupante risco de colapso" na contorna de Vialia, onde se instalarán o mercadiño e a nora de Nadal.

PUBLICADO O

- Advertisement -

O BNG de Vigo urxiu ao Goberno municipal que “rectifique” o plan de tráfico previsto para o Nadal, co obxectivo de evitar que se repita o “caos” circulatorio que, segundo denuncia a formación nacionalista, se viviu o pasado sábado 14 de novembro, coincidindo coa celebración do desfile organizado por Disney+ e co acto oficial do acendido das luces de Nadal. Nun comunicado, o Bloque reclamou ao Concello de Vigo que ofreza alternativas reais ao uso do vehículo privado, mediante a habilitación de aparcadoiros disuasorios e o reforzo do transporte público, fronte á aposta que atribúe ao alcalde, Abel Caballero, de “meter máis e máis coches no centro”.

O portavoz municipal do BNG, Xabier Pérez Igrexas, advertiu da necesidade de adoptar medidas para impedir que os problemas de circulación volvan repetirse durante as próximas semanas, especialmente ante a previsión dunha elevada afluencia de visitantes ás actividades do Nadal vigués. “Estamos a tempo de evitar que este Nadal volva ser un calvario insoportable para os vigueses e garantir a seguridade”, apostilou o representante nacionalista.

ALERTAN DUN “PREOCUPANTE RISCO DE COLAPSO” NA CONTORNA DE VIALIA

Un dos puntos que máis preocupa ao BNG é a contorna de Vialia, onde este ano se decidiu instalar o mercadiño e a nora de Nadal, dous dos principais atractivos da programación festiva da cidade. Para Pérez Igrexas, existe un “preocupante risco de colapso” da circulación nesta zona, polo que considera necesario revisar a planificación do tráfico e anticiparse aos posibles problemas de mobilidade.

Neste sentido, e ante o que cualifica como “fracaso” do dispositivo habilitado durante a xornada do pasado sábado, o portavoz nacionalista insistiu na importancia de ofrecer alternativas “reais” de transporte urbano, con reforzos do servizo, que permitan á cidadanía desprazarse pola cidade sen necesidade de utilizar o coche particular. O BNG defende así que o Concello debe facilitar que os vigueses poidan deixar os seus vehículos na casa durante as celebracións do Nadal, apostando por unha organización da mobilidade que evite a repetición das situacións de conxestión denunciadas pola formación.

ÚLTIMAS

“Ameaza a supervivencia do barrio”: Lavadores mobilízase contra o proxecto de vivendas da Xunta

Máis de mil veciños do barrio vigués de Lavadores asinaron unha carta dirixida ao...

O histórico Teatro Fraga de Vigo volverá á vida: case 20 millóns de euros para unha reforma que comezará en 2027

O Consello da Xunta autorizou este luns a licitación das obras de restauración do...

“O sábado foi un día histórico en Vigo”, di Caballero

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, asegurou este luns que a ocupación hoteleira na...

Abanca estrea as súas novas instalacións corporativas en Vigo cun investimento que supera os 25 millóns de euros

Abanca estreou este luns, 16 de novembro, as súas novas instalacións corporativas en Vigo,...