InicioSociedadeSoben en máis de 500 os contaxiados en Vigo pero redúcese lixeiramente...

Soben en máis de 500 os contaxiados en Vigo pero redúcese lixeiramente a presión hospitalaria

Baixan en catro os hospitalizados con Covid na área sanitaria viguesa.

PUBLICADO O

- Advertisement -

A presión hospitalaria sobe lixeiramente en Galicia ao pasar de 354 hospitalizados pola Covid-19 a 378 (24 máis), mentres que os casos activos seguen en aumento e alcanzan os 59.691, que supoñen 3.235 máis que o día pasado.

Segundo os datos actualizados na mañá deste xoves pola Consellería de Sanidade, con rexistros ata as 18,00 do mércores, o número total de contaxiados elévase a 270.368, 4.869 máis que os da xornada anterior, mentres que a de curados sitúase en 207.921, ao haber 1.620 altas.

A taxa de positividade sobe tamén ata situarse no 24,1%. As persoas ingresadas en UCI descenden en tres, cun total de 53, mentres que os hospitalizados aumentan ata situarse en 325, 27 máis. O número de pacientes a seguimento no seu domicilio sitúase en 59.313 pacientes.

Por áreas sanitarias, son 79 os pacientes ingresados na área sanitaria da Coruña e Cee, 11 en UCI –sen cambios– e 68 noutras unidades — sete máis–. A de Ferrol ten 18 ingresados, un en coidados intensivos –dous menos– e 17 noutras unidades, tres máis.

Pola súa banda, na de Ourense son 65 os ingresados, 58 noutras unidades –nove máis– e sete en UCI –sen cambios; mentres que na área de Vigo son 81 os hospitalizados, 14 en críticos -un menos– e 67 noutras unidades — catro menos–. Na de Pontevedra e O Salnés, son 50, deles sete en UCI — dúas menos– e 43 noutras unidades, dúas máis.

As áreas de Santiago e Barbanza e Lugo están, respectivamente, con 56 –12 máis– e 29 ingresados, once máis. No primeiro caso, son sete en UCI –dúas máis– e 49 noutras unidades, mintas que na de Lugo son seis en coidados intensivos –sen cambios– e 23 noutras unidades.

CASOS ACTIVOS

Os casos activos seguen en aumento con 59.691, que supoñen 3.235 máis o día anterior, ao haber de novo máis contaxios, 4.869, que altas, 1.620, aos que se suman 14 falecementos notificados na xornada do mércores.

Os casos activos increméntanse en todas as áreas sanitarias: na Coruña e Cee, 662 máis; na de Ferrol, 154 máis; na de Lugo, 422; na de Ourense, 615 máis; na de Pontevedra, 311 máis; na de Santiago, 523 máis e na de Vigo, 552 máis.

Os casos activos sitúanse en 11.035 na da Coruña; en 3.801 na de Ferrol; 5.971 na de Lugo; 7.164 na de Ourense, 7.354 na de Pontevedra; 11.090 na de Santiago e en Vigo, a que máis rexistra, en 13.276.

Segundo os últimos datos actualizados polo Ministerio de Sanidade este pasado mércores 5 de xaneiro, a incidencia acumulada a 14 días sobe en Galicia a 2.308,24 por 100.000 habitantes.

Desde o inicio da pandemia, Galicia rexistra 270.368 contaxiados, deles 58.126 na área da Coruña e Cee; 16.536 na de Ferrol; 27.983 na de Lugo; 34.544 na de Ourense; 32.488 na de Pontevedra; 40.800 na de Santiago e 59.891 na de Vigo.Mentres, o número de probas PCR realizadas elévase a 3.381.707 e as de antíxenos a 1.194.773.

Na xornada do mércores, as autoridades sanitarias comunicaron a morte doutras 14 persoas diagnosticadas con covid-19 co que Galicia acumula xa un total de 2.800 mortes asociadas á pandemia.

ÚLTIMAS

OPINIÓN.- Non hai tempo para reformas mornas

Óscar Lomba Álvarez O mundo está a arder, e non é só a calor do...

Desaloxan a Cidade da Xustiza de Vigo tras saltar a alarma por unha persoa fumando nos baños

A Cidade da Xustiza de Vigo foi desaloxada tras saltar a alarma de incendios por unha...

Vigo “mostrou a súa forza” no concerto reivindicativo do AVE directo a Madrid, di Caballero

O alcalde de Vigo, Abel Caballlero, asegurou este mércores que a cidade "mostrou a...

O TS confirma a sentenza contra Stellantis que recoñece o dereito dunha traballadora á conciliación

O Tribunal Supremo confirmou a sentenza do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG)...