InicioCulturaThe Corrs actuarán en Vigo o 11 de agosto en Castrelos

The Corrs actuarán en Vigo o 11 de agosto en Castrelos

A banda irlandesa The Corrs actuará no auditorio de Castrelos de Vigo o próximo 11 de agosto, nun concerto enmarcado dentro das festas da cidade que organiza o Concello.

PUBLICADO O

- Advertisement -

A banda irlandesa The Corrs actuará no auditorio de Castrelos de Vigo o próximo 11 de agosto, dentro da programación das festas da cidade organizada polo Concello. O anuncio foi realizado polo alcalde, Abel Caballero, a través dun audio remitido aos medios de comunicación, onde destacou a traxectoria do grupo formado por catro irmáns.

Dende o Concello resaltaron que The Corrs é un referente internacional da música pop ao combinar melodías da tradición irlandesa con influencias de pop e rock. Dende o seu debut en 1995, a banda vendeu máis de 40 millóns de discos en todo o mundo. Entre os seus maiores éxitos atópase o tema ‘Breathless’, que acadou o número un en 17 países. O alcalde, Abel Caballero, cualificou a vindeira actuación como un concerto “marabilloso”.

ÚLTIMAS

O goberno de Vigo pedirá en pleno que a Xunta garanta o abastecemento de auga de Vigo

O goberno de Vigo, liderado por Abel Caballero (PSOE), levará ao pleno do próximo...

Trasladadas dúas persoas que resultaron afectadas nun incendio dun piso en Vigo

Dúas persoas tiveron que ser trasladadas ao hospital tras verse afectadas por inhalación de...

Un profesor da Universidade de Vigo reúne 180.000 nomes de invertebrados nunha obra única no mundo

A Universidade de Vigo presentou este venres o último libro do profesor da Facultade...

Dous detidos e un investigado pola malleira a un home nun parking do Porriño

A Garda Civil de Pontevedra detivo a dous homes e investiga a un terceiro...