InicioEconomíaRueda presenta en Vigo 172 vivendas protexidas e 37,2 millóns de investimento

Rueda presenta en Vigo 172 vivendas protexidas e 37,2 millóns de investimento

PUBLICADO O

- Advertisement -

A Xunta licitou a construción dun novo edificio na ampliación do barrio vigués de Navia, un inmoble de 172 vivendas no chamado polígono 2 da actuación, e cun investimento de 37,2 millóns de euros. O titular da Xunta, Alfonso Rueda, presidiu o acto en que se confirmou esta licitación, acompañado da conselleira de Vivenda e Planificación de Infraestruturas, María Martínez Allegue, así como de representantes institucionais e de colectivos sociais e veciñais.

O novo edificio ten un prazo de construción de 30 meses, contados a partir da adxudicación que, segundo expresou Rueda, será “canto antes”. Ademais, as obras de urbanización do polígono xa están en marcha e a previsión é que finalicen en maio. O inmoble albergará 172 vivendas, de 2, 3 e 4 dormitorios, con garaxe e trasteiros, e contará con varios portais de acceso e un patio interior, que permitirá mellorar as súas condicións de ventilación e iluminación.

Estes pisos súmanse, explicou o presidente galego, aos 900 que xa están marcha no barrio de Navia (309 en construción, 395 en fase de licitación e outros 395 con licitación próxima), e que se ampliarán ata 1.600 vivendas novas nesta zona de Vigo. Ademais, lembrou que o goberno galego proxecta tamén en Vigo outras 3.400 vivendas nos ámbitos do Ofimático e en Ramón Neto, de promoción privada e con apoio público.

ÚLTIMAS

Abel Caballero inaugura a conta atrás ata o 25 de decembro: “O Nadal de todo o planeta é a de Vigo”

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, inaugurou este sábado un reloxo dixital cunha conta...

“Menos luces e máis vivendas”: máis de 200 persoas saen á rúa en Vigo contra os prezos da vivenda

Máis de 200 persoas saíron este venres ás rúas de Vigo para reclamar o...

“Estamos desesperados”, veciños de Privada Moderna esixen á Sareb que “cumpra a sentenza” e arranxe os seus pisos

Veciños da rúa Privada Moderna de Vigo esixíronlle á Sociedade de Xestión de Activos...

Sr. Feijóo, o “cancro” é unha enfermidade, non un modelo de absentismo laboral. Quen coida de quen coida?

Por Pedro de Castro (Vigo - 1978)  Hai persoas que enferman sen estar nunha...