InicioSociedadeGómez-Reino pide ao Goberno "protexer a ría" ante o proxecto de ampliación...

Gómez-Reino pide ao Goberno “protexer a ría” ante o proxecto de ampliación da terminal portuaria de Bouzas

Sostén que podería afectar á actividade pesqueira e marisqueira.

PUBLICADO O

- Advertisement -

O deputado Galicia en Común no Congreso Antón Gómez-Reino pediu á ministra para a Transición Ecolóxica e o Reto Demográfico, Teresa Ribera, que “protexa a ría de Vigo e a súa riqueza ambiental” ante o proxecto de ampliación da terminal portuaria de Bouzas da Autoridade Portuaria.

Así se manifestou a través dunha carta remitida á ministra o deputado de Galicia en Común, que rexistrou unha iniciativa parlamentaria sobre o prego de bases de licitación de asistencia técnica para a redacción do proxecto para ampliar a terminal de Bouzas, na súa fase 1.

Gómez-Reino alertou do impacto ambiental que podería levar a actuación nun espazo que conecta o interior da ría e o mar aberto e en cuxo interior se atopa a Zona Espacial de Conservación (ZEC) Enseada de San Simón. De feito, afirmou que podería afectar á actividade pesqueira e marisqueira.

Tamén preguntou ao Goberno sobre a validez do impacto ambiental da Fase 1 e as razóns de que non se inclúan as próximas obras. “A situación é moi delicada e a falta de protección e de responsabilidade por parte da Xunta de Galicia fai que teñamos que pedir ao Goberno que protexa a ría de Vigo e a súa riqueza ambiental”, afirmou.

ÚLTIMAS

The Corrs actuarán en Vigo o 11 de agosto en Castrelos

A banda irlandesa The Corrs actuará no auditorio de Castrelos de Vigo o próximo...

O PP e o BNG de Vigo esixen mobilizar 60 millóns de remanentes para vivenda e servizos sociais

O Partido Popular e o BNG de Vigo coincidiron este mércores en demandar unha...

O Xuíz pide á Policía Local todos os informes sobre intervencións na atracción Saltamontes en Coia e Balaídos “en anos anteriores”

O tribunal de instancia, sección de instrución, praza 3 de Vigo, que investiga o...

Rueda presenta en Vigo 172 vivendas protexidas e 37,2 millóns de investimento

A Xunta licitou a construción dun novo edificio na ampliación do barrio vigués de...