InicioVigo e contornaVigoA Xustiza golpea de novo o Concello de Vigo no seu enfrontamento...

A Xustiza golpea de novo o Concello de Vigo no seu enfrontamento coa Xunta

O TSXG dálle "por sétima vez" a razón á Xunta no caso das escolas infantís.

PUBLICADO O

- Advertisement -

Dúas novas sentenzas do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG), segundo informou a propia Xunta de Galicia, avalan “por sétima vez” o modelo de cofinanciamento das escolas infantís e centros de día públicos en Vigo, dependentes do Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar.

Desestiman así os últimos recursos presentados polo Concello vigués contra as primeiras liquidacións de 2017 e 2018 nas escolas infantís de Valadares e de Rúa Palencia, dándolle a razón á Xunta de Galicia. En opinión da delegada territorial da Xunta en Vigo, Marta Fernández-Tapias, “sete sentencias parecen suficientes como para que o alcalde desista de presentar recursos contra un modelo que non só está regulado por lei, senón que conta co visto e prace da Fegamp e é de aplicación en todos as localidades que a integran”.

Neste sentido, Fernández-Tapias convidou ao alcalde a “asumir” as súas competencias e “permitir” que 200 familias de Vigo poidan beneficiarse da gratuidade de 0 a 3 anos que ofrece o Goberno galego para segundos fillos e sucesivos nestes centros. O Goberno autonómico destaca que o Alto Tribunal recolle que as liquidacións viradas pola Xunta “non incorren nas causas de nulidade alegadas polo Concello de Vigo” e lembra que para a súa prestación optouse por “fórmulas de cooperación” entre administracións.

“A resolución –recalcan–, sinala que se trata dun servizo de carácter social, en ningún caso educativo, como argumenta o Concello de Vigo no seu recurso, cuxa xestión asumiu o Consorcio a instancias da propia Administración local”. “En Galicia, a atribución aos municipios da prestación dos servizos sociais resulta clara”, indican.

ÚLTIMAS

Vigo apaga os 12 millóns de LED do seu Nadal máis internacional cunha mensaxe de paz

A cidade de Vigo puxo fin este domingo, 11 de xaneiro, ao seu Nadal...

A Audiencia de Vigo xulga unha administrativa por subtraer 100.000 euros dunha empresa de formigóns

A sección quinta da Audiencia Provincial de Pontevedra, con sede en Vigo, acolle este...

A Audiencia de Vigo xulga dúas estafas por falsos alugueiros e reformas domésticas

A sección quinta da Audiencia Provincial de Pontevedra, con sede en Vigo, acolle esta...

Piden penas de ata 6 anos de cárcere por unha apropiación indebida de 136.000 euros nunha empresa do Porriño

A sección cuarta da Audiencia Provincial de Pontevedra acollerá este martes o xuízo contra...