InicioSociedadeAs doazóns de sangue realizadas na planta de Stellantis desde 1995 superan...

As doazóns de sangue realizadas na planta de Stellantis desde 1995 superan as 69.000

É a empresa española que máis doazóns acumula.

PUBLICADO O

- Advertisement -

As doazóns de sangue realizadas na planta viguesa do grupo Stellantis (antes PSA) desde 1995 alcanzaron as 69.472 tras a última campaña, levada a cabo os días 19, 20, 21 e 28 de outubro.

A que foi a cuarta campaña deste ano nas instalacións contou coa participación de 734 traballadores, o que permitiu elevar a 648 as doazóns, segundo detallou a Axencia Galega de Doazón de Órganos e Sangue (ADOS).

No que vai de ano, realizáronse catro campañas no centro de Vigo do Grupo Stellantis, o que supuxo acumular 2.862 doazóns de sangue anuais. Así, a axencia destacou a contribución desta planta.

O centro de Vigo acolle campañas promovidas pola Consellería de Sanidade desde hai 26 anos, o que permitiu que esta sexa a empresa española que máis doazóns acumula. Ademais, ADOS concretou que o resultado da última campaña permitirá realizar 310 intervencións cirúrxicas ou trasfundir plaquetas case 120 enfermos oncolóxicos.

ÚLTIMAS

Vigo acollerá un concerto solidario para axudar a Venezuela

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, anunciou este luns a celebración dun concerto solidario...

Desconvocada a folga nas lavandarías dos hospitais da área de Vigo

O comité de empresa e a dirección de Elis Manomatic, que presta o servizo...

O BNG denuncia un “recorte salvaxe” de camas na área de Vigo este verán

O BNG esixiulle á Xunta que "rectifique" o peche de camas e os "recortes"...

Revogada a condena a un pub de Vigo por difundir un vídeo onde se vían dous clientes “en actitude cariñosa”

A Audiencia de Pontevedra estimou un recurso presentado por un local de lecer de...