InicioSociedadeBaixan os casos activos pero aumenta lixeiramente a presión hospitalaria

Baixan os casos activos pero aumenta lixeiramente a presión hospitalaria

A área de Vigo continúa sen pacientes ingresados en UCI.

PUBLICADO O

- Advertisement -

Os pacientes hospitalizados pola Covid-19 en Galicia aumentaron a 31, o que supón sete máis que a xornada anterior, así como os casos activos, que se elevan a 481 –oito máis–, mentres que os novos contaxios descenden a 37 –implican 22 menos que o día pasado–. A taxa de positividade cae a un 0,95 por cento.

Segundo os datos actualizados este xoves pola Consellería de Sanidade con rexistros ata as 18,00 horas deste mércores, descenden a catro as persoas ingresadas en UCI pola Covid-19 –unha menos– e ascenden a 27 as que se atopan noutras unidades convencionais –oito máis–; mentres que 450 pacientes atópanse en seguimento no seu domicilio.

Por áreas sanitarias, a presión hospitalaria aumenta nas da Coruña-Cee, Ourense, Vigo, e Ferrol; mentres que se alivia nas de Pontevedra-O Salnés –a única sen ingresados en Galicia– e Lugo; e mantense na de Santiago-Barbanza.

En concreto, na área da Coruña e Cee queda un paciente en UCI –un menos–, pero aumentan a oito os doutras unidades –catro máis–; mentres que na de Ourense non hai críticos e atópanse seis noutras unidades –catro máis–. A área de Vigo segue sen pacientes Covid en UCI e rexistra sete noutras unidades –un máis— e na de Ferrol hai un en críticos –a xornada pasada non tiña ningún– e un en planta –sen cambios–.

Pola súa banda, na área de Santiago e Barbanza permanece un paciente Covid en UCI –o día anterior non había ningún– e tres noutras unidades –un menos–, e na de Lugo queda un en críticos –un menos– e dous noutras unidades –sen cambios–.

CASOS EN AUMENTO

Os casos activos de Covid increméntanse por quinta xornada consecutiva no conxunto de Galicia e ascenden a 481, oito máis, ao haber de novo máis contaxios (37) que altas (29).

As infeccións activas aumentan en dúas das sete áreas sanitarias: Ourense (+10) e Santiago e Barbanza (+4); descende nas de Vigo (-3), A Coruña e Cee (-1), Lugo (-1) e Ferrol (-1), mentres que se mantén sen cambios na de Pontevedra e O Salnés.

Por tanto, a área da Coruña e Cee continúa como a única que supera o centenar de casos, con 141; seguida da de Vigo, con 73; Ourense, con 71; Santiago e Barbanza, con 65; Pontevedra e O Salnés, con 60; Lugo, con 40; e Ferrol mantense á cola, con 31.

BAIXAN OS CONTAXIOS

Os novos contaxios de Covid-19 descenden a 37, que supoñen 22 menos que os 59 da xornada anterior, tras os 43 do martes e 24 do inicio desta semana. O luns 11 de outubro rexistráronse 14, a cifra máis baixa desde que Galicia entrou en niveis de ‘nova normalidade’.

Nas últimas 24 horas confirmáronse 38 positivos por Proba de Detección de Infección Activa –algún corresponde a outro positivo dun contaxiado xa existente–, deles 14 na área de Ourense; seis na da Coruña e Cee; cinco na de Santiago e Barbanza; cinco na de Lugo; catro na de Vigo; dous na de Ferrol e outros dous na de Pontevedra e O Salnés.

Deste xeito, as persoas contaxiadas en Galicia desde o inicio desta pandemia ascenden a 183.096, das que 43.257 corresponden á área da Coruña e Cee; 37.768, á de Vigo; 27.066, á de Santiago e Barbanza; 21.833, á de Ourense; 21.503, á de Pontevedra e O Salnés; 20.006, á de Lugo; e 11.663 á de Ferrol.

Desde o comezo desta crise sanitaria efectuáronse en Galicia 2.891.894 PCR, 2.163 probas máis que as contabizalidas ata o día anterior e unhas 200 menos que as feitas a xornada pasada.

En canto á taxa de positividade das probas PCR –número de infeccións detectadas cada 100 test– cae ao 0,95 por cento tras descender o mércores ao 1,96%, despois de aumentar ao 2,17% o martes e iniciar esta semana cun 1,06%. Deste xeito, continúa por baixo dese 5% que a OMS fixa como limiar para considerar controlada a pandemia.

FALECIDOS E CURADOS

As persoas falecidas diagnosticadas con Covid-19 desde o inicio desta pandemia no conxunto de Galicia mantéñense en 2.651, ao non notificar este mércores a Consellería de Sanidade novas vítimas.

Mentres, 179.998 persoas diagnosticadas deste coronavirus curáronse en toda a Comunidade galega desde o arranque desta crise sanitaria, 29 máis que as rexistradas ata o día anterior.

ÚLTIMAS

OPINIÓN.- Non hai tempo para reformas mornas

Óscar Lomba Álvarez O mundo está a arder, e non é só a calor do...

Desaloxan a Cidade da Xustiza de Vigo tras saltar a alarma por unha persoa fumando nos baños

A Cidade da Xustiza de Vigo foi desaloxada tras saltar a alarma de incendios por unha...

Vigo “mostrou a súa forza” no concerto reivindicativo do AVE directo a Madrid, di Caballero

O alcalde de Vigo, Abel Caballlero, asegurou este mércores que a cidade "mostrou a...

O TS confirma a sentenza contra Stellantis que recoñece o dereito dunha traballadora á conciliación

O Tribunal Supremo confirmou a sentenza do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG)...