InicioSucesosRescatadas seis persoas que se atopaban a bordo dun veleiro a 155...

Rescatadas seis persoas que se atopaban a bordo dun veleiro a 155 millas de Vigo

Gardacostas auxiliou á embarcación de bandeira estoniana con ventos de 30 nós e ao límite de combustible.

PUBLICADO O

- Advertisement -

Gardacostas de Galicia, no helicóptero Pesca 1, rescatou este mércores a seis persoas que se atopaban a bordo dun veleiro a 155 millas de Vigo, unha operación que cualificaron de “límite” pola longa distancia. En concreto, tratábase dunha embarcación de bandeira estoniana á que tiveron que auxiliar “con ventos sur de 30 nós e ao límite de combustible“, xa que se atopaba cunha vía de auga e sen motor.

A actuación levou a cabo tras recibir aviso do Centro Coordinador de Salvamento Marítimo de Fisterra ás 9:30 horas. A pesar das dificultades iniciais de comunicación, utilizouse tamén o sistema Starlink con conexión satelitaria para contactar a través dunha persoa en terra en Estonia.

Os tripulantes, catro homes e dúas mulleres, informaron de que a vía de auga estaba controlada temporalmente, pero solicitaron a evacuación e activaron a radiobaliza de emerxencia tras quedar a mercé das condicións meteorolóxicas no mar.

ÚLTIMAS

Alfonso Rueda celebra o traslado de 7.800 pacientes de Povisa ao Álvaro Cunqueiro

O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, afirmou que 7.800 persoas decidiron cambiar a súa...

A UVigo conmemora o Día Mundial dos Océanos cos aniversarios da Ecimat e do Centro de Investigación Mariña

A Universidade de Vigo (UVigo) celebrou este luns o 20º aniversario da apertura da...

A Autoridade Portuaria de Vigo saca a poxa por 62.000 euros o narcobuque ‘Gure Leire’

O Consello de Administración da Autoridade Portuaria de Vigo acordou poxar o pesqueiro vasco...

O BNG esixe a Abel Caballero que rompa o “muro de silencio” ante as 41.000 queixas veciñais presentadas en Vigo

O grupo municipal do BNG en Vigo pediu este luns "acabar co muro de...